Skip to main content
STG

O coloquio internacional ‘As cidades do poder en Hispania’ preséntase o luns na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo

O foro de análise e debate das 14 capitais conventuais representativas do poder do imperio romano en España desenvolverase do 23 ao 25 de outubro en Humanidades

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, presentará o luns, día 21 de outubro, a partir das 12.00 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría do campus de Lugo, o coloquio internacional ‘As cidades do poder en Hispania’, un foro que se desenvolverá do 23 ao 25 de outubro na Facultade de Humanidades, onde diversos relatores analizarán as singularidades das 14 capitais conventuais elixidas para presentar o poder de Roma en España.

Os directores deste coloquio internacional, os profesores do Departamento de Historia da Universidade de Santiago María Dolores Dopico e Manuel Villanueva, e o catedrático de Historia Antiga da Universidade do País Vasco, Juan Santos Yanguas, tamén intervirán na presentación deste foro, no transcurso dun acto no que tamén estarán presentes o deputado provincial delegado das áreas de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, e a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre.

The contents of this page were updated on 10.18.2013.