Skip to main content
STG

O reitor Juan Casares inaugura este mércores en Humanidades o coloquio internacional ‘As cidades do poder en Hispania’

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares, inaugurará este mércores, a partir das 9.00 horas, no slaón de actos da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, o coloquio internacional ‘ As cidades do poder en Hispania’.

Os directores deste simposio, que citará do 23 ao 25 deste mes de outubro no campus de Lugo a 24 investigadores e historiadores de cinco países para analizar as 14 cidades escollidas ou fundadas para representar o poder de Roma en España, os profesores de Historia Antiga da USC Dolores Dopico e Manuel Villanueva, así como o catedrático da Universidade do País Vasco, Juan Santos Yanguas, participarán na inauguración deste coloquio internacional, no marco dun acto no que tamén intervirán a concelleira Carmen Basadre e o deputado provincial Mario Outeiro.

O modelo das cidades do poder no imperio romano, o estudo do caso de Hispania , as consecuencias económicas derivadas da existencia desta rede de cidades representativas do poder, a súa influenza nos pobos indíxenas, así como nos cambios sociais e institucionais, centrarán os temas das distintas sesións programadas ao abeiro deste coloquio, pioneiro en España pola súa temática.

The contents of this page were updated on 10.22.2013.