Skip to main content
STG

A XXXI promoción de diplomados en Enfermaría celebra este venres o seu acto de graduación

A XXXI promoción de diplomados en Enfermaría pola Universidade de Santiago celebra este venres, 28 de maio, o seu acto de graduación. Presidido polo vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José Manuel Mayán Santos, o evento será ás 18.00 horas no Auditorio de Galicia.
Na cerimonia intervirán os estudantes Alba Fernández Varela e Adrián Gallego Cid; os padriños da promoción, Ana Isabel Silveira Rodríguez e José Marcelino García García; a directora de Enfermaría do CHUS, María Jesús Alcázar Verde; o director de Enfermaría de Atención Primaria da Xerencia de Atención Primaria de Santiago, Francisco Javier Rodríguez Iglesias; a subdirectora xeral de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial do Servizo Galego de Saúde, Mercedes Carreras Viñas; e a directora da Escola Universitaria de Enfermaría de Santiago de Compostela, María Jesús Núñez Iglesias.
No mesmo acto entregaranse tamén os premios extraordinarios de doutoramento e diplomatura.

The contents of this page were updated on 05.28.2010.