Skip to main content
STG

A sección de orientación do CD Universidade de Santiago participou con éxito na primeira edición do Trofeo de Navalcán

A sección de orientación do Club Deportivo Universidade de Santiago participou a pasada fin de semana na primeira edición do Trofeo de Navalcán. Na proba, que puntuou para a Liga Española, Rosa Pernas ocupou o segundo posto na categoría D-45. Ademais, os deportistas Maribel Fraga e Xavier Viana acadaron o terceiro lugar nas modalidades D-35 e H-21A, respectivamente.
A competición celebrouse nos bosques próximos á localidade toledana de Navalcán onde se dan as condicións ideais para a práctica da orientación. Con estas puntacións, o CDUS continúa cos bos resultados acadados na presente campaña.

The contents of this page were updated on 04.24.2007.