Skip to main content
STG

O reitor da USC recibiu á súa homóloga do Instituto Superior da Arte da Universidade da Habana

O reitor Senén Barro Ameneiro coa reitora do Instituto Superior da Arte da Universidade da Habana, Ana Mª González Mafud,  no seu despacho de San Xerome
O reitor Senén Barro Ameneiro coa reitora do Instituto Superior da Arte da Universidade da Habana, Ana Mª González Mafud, no seu despacho de San Xerome

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, recibiu este xoves no seu despacho de San Xerome á reitora do Instituto Superior da Arte da Universidade da Habana, Ana Mª González Mafud, que se atopa en Santiago de Compostela para participar nunha xornada de cultura cubana organizada pola Vicerreitoría de Cultura. Na recepción, o reitor compostelán estivo acompañado polos vicerreitores de Relacións Institucionais e de Cultura, Lourenzo Fernández Prieto e Elias J. Torres, respectivamente.
A xornada de cultura cubana, na que colaborou a Cátedra de Cultura Cubana Alejo Carpentier da USC, incluiu, ademais da conferencia ‘Linguaxe e poesía en Nicolás Guillén’ da catedrática González Mafud, a proxección da película ‘Fresa y chocolate’, de Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío, e a continuación un coloquio con Senel Paz, guionista do filme, que aproveitou para presentar a súa nova novela En el cielo con diamantes, situada nos inicios do filme.

The contents of this page were updated on 04.26.2007.