01.23.2026 | 11.30h
A Facultade de Dereito conmemora a súa festividade, San Raimundo de Peñafort, cun acto institucional presidido polo reitor Antonio López Díaz que se desenvolve o 23 de xaneiro, a partir das 11.30 horas, no Salón de Graos do centro. Ademais do reitor, intervirán a decana Ana Gude Fernández, e a secretaria Andrea Garrido Juncal, que dará lectura á memoria de actividades. A lección maxistral correrá a cargo de David Vilas Álvarez, avogado xeral do Estado.
No marco da sesión, procederase á entrega da insignia da Facultade aos docentes Ángel García Vidal, Carlos Teijo García e Teresa Bouzada Gil con motivo dos seus 25 anos de servizos no centro.