Representantes de Repsol, Novozymes e CETaqua/AGBAR reúnense con investigadores da USC para estudar vías de cooperación
Representantes de Repsol, Novozymes e CETaqua/AGBAR manterán este xoves 4 na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago un encontro con investigadores da USC na procura de futuras colaboracións. Así, na xornada matinal explicarán as diversas áreas de interese en materia de I+D así como as posibles vías que posúen estas compañías para cooperar cos centros de investigación e universidades. As empresas convidadas, o mesmo xoves, reuniranse con diversos grupos de investigación da USC para coñecer as súas tecnoloxías e liñas de investigación de cara a estudar posibles colaboracións. Os grupos interesados en participar deberán inscribirse indicando a empresa coa que desexan manter esta xuntanza. Todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán enviar un correo electrónico a josemanuel.rebolo [at] usc.es (josemanuel[dot]rebolo[at]usc[dot]es).