Pasar al contenido principal
STG

A USC informa sobre a súa oferta formativa de ensino superior e os servizos complementarios no 'Forum Orienta 2007'

Coa pretensión de achegar aos alumnos e alumnas de 1º e 2º de bacharelato toda a información sobre a oferta formativa de ensino superior, a USC conta cun posto informativo no ‘Forum Orienta 2007’ que se celebra dende este martes ata o vindeiro venres, día 27, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, situado en Santiago de Compostela.
Organizado pola Xunta de Galicia en colaboración coas tres universidades galegas, esta edición do Forum Orienta pretende ofrecer aos visitantes toda a información sobre o ensino superior, aclarar qué é o Espazo Europeo de Educación Superior ou divulgar o papel das universidades na promoción científica e tecnolóxica de Galicia. Asemade, neste encontro tamén se orientará aos estudantes de secundaria sobre as bolsas e axudas económicas, residencias, deportes, transportes e comedores universitarios.
Ademais dos distintos postos informativos, o Forum Orienta desenvolve un amplo programa de actividades como charlas, exposicións, concursos, mesas redondas, proxeccións, información sobre seguridade viaria, e unha visita ao Museo Pedagóxico de Galicia.
Actividades paralelas da USCDentro destas actividades paralelas, a USC fará unha demostración práctica sobre a metodoloxía que se utiliza nos xacementos arqueolóxicos, un experimento de Química e unha sesión informativa sobre a vida diaria dos universitarios nos Campus de Santiago e de Lugo.
Asemade, tamén haberá un área lúdica na que se celebrará concertos ou exhibicións deportivas. Neste eido, a Universidade de Santiago ofrecerá exhibicións de capoeira, Tai-Chi, danza do ventre e esgrima. Durante a sesión do xoves, día 26, un grupo de música da USC dará un concerto en directo e o grupo de teatro da mesma institución docente representará unha peza teatral.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2007.