Novo concerto do ciclo 'As noites musicais da Condesa'
O dúo formado por Eduardo Fernández (voz e guitarra acústica) e Martín Pozo (guitarra acústica e coros) ofrecerá un concerto este mércores, día 25, ás 22:30 horas na Sala da Columna da Residencia Universitaria Monte da Condesa.
Na actuación ofrecerán temas orixinais e versións de cancións de clásicos do rock como Neil Young, Rory Gallager ou Jimmy Hendrix, entre outros. O concerto inclúese no programa As noites musicais da Condesa organizado pola bolsa de música da residencia e que conta co apoio e financiamento da Vicerreitoría de Cultura da USC.