Pasar al contenido principal
STG

O reitor da USC presenta no II Foro das Cidades Dixitais de Lugo un informe sobre as TIC nas universidades españolas

O relatorio de Senén Barro sobre o informe da CRUE terá lugar ás 12:00 horas no Gran Hotel

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, presentará este xoves 26 un informe sobre as Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) no Sistema Universitario Español, nun relatorio que impartirá ás 12:00 horas no Gran Hotel de Lugo con motivo do II Foro das Cidades Dixitais.
O estudo, que contou coa participación de 52 universidades, foi elaborado polo Grupo TIC da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) e co-dirixido por Senén Barro. Do documento despréndese que as TIC se están a utilizar de maneira xeneralizada en todas as universidades e que estas se preocupan por incorporar estas tecnoloxías como elemento fundamental en tarefas de investigación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2007.