Pasar al contenido principal
STG

Uninova organiza unhas xornadas sobre 'Business Intelligence'

Asistentes ás xornadas Uninova  ‘Business Intelligence’
Asistentes ás xornadas Uninova ‘Business Intelligence’
A segunda sesión celébrase este xoves na Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre

Uninova organiza esta semana unha xornadas sobre ‘Business Intelligence’ dirixida a empresa innovadoras dedicadas á integración de ferramentas TIC na xestión das relacións cos clientes co fin de potenciar a súa rendibilidade. Asisten a este curso empresas dos sectores da acuicultura, seguridade e hixiene alimentaria, solucións avanzadas para Internet, enerxías renovables, tecnoloxías da información e das comunicacións ou de consultaría técnica ambiental, entre outras.
A primeira xornada celebrouse este martes 24 na Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre coa participación na sesión inaugural do xerente de Uninova Gustavo Marcos. A segunda e derradeira sesión do curso celebrarase o xoves 26 para tratar temas relacionados coas tipoloxías de clientes, a relación entre vendas e rendibilidade, e os modelos CRM e Business Intelligence para a integración das TIC.
Proxecto europeo TransticA xornada forma parte do Proxecto Europeo TRANSTIC (Programa Transfronteirizo para a Consolidación de Redes de Cooperación entre Empresas TIC), que á súa vez está enmarcado dentro da iniciativa Europea Interreg III-A e ten por obxectivo o de impulsar a xeración de contactos e relacións de cooperación comercial ou tecnolóxica, tanto entre empresas vinculadas ao sector das TIC como entre estas e as PEMES, potenciais demandantes dos seus servizos. Con desenvolvemento deste programa foméntase a aparición de oportunidades de negocio transfronteirizas das microempresas, aproveitando as novas oportunidades ofrecidas polas TIC.
Ademais, o programa trata de formar a un equipo de técnicos especializados, en cada unha das rexións participantes, capaces de impulsar a aparición de contactos comerciais e oportunidades de negocio transfronteirizos das microempresas da zona, aproveitando para elo as novas oportunidades ofrecidas polas TIC. O proxecto permitirá tamén definir accións formativas destinadas a impulsar a utilización das novas tecnoloxías no tecido empresarial fomentando a colaboración con empresas do sector.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2007.