Pasar al contenido principal
STG

Encontro con Bandia Ribeira: 'Ata os ósos: traballando na tradición documental expandida. Documentar dende a vulnerabilidade'

01.11.2025 | 17.00h

Lugo
Casa do Saber

Bandia Ribeira
Bandia Ribeira

O 1 de novembro, de 17.00 a 20.00 horas, na Casa do Saber do campus de Lugo, haberá un encontro coa fotógrafa Bandia Ribeira, incluído dentro da programación do Outono Cultural: 'Ata os ósos: traballando na tradición documental expandida. Documentar dende a vulnerabilidade'.

“No meu traballo sempre me pregunto canto máis intimamemente podo conectar con un suxeito e un lugar a través da cámara. É un motor que impulsa o meu enfoque fotográfico. A incomodidade, o estrañamento e a vulnerabilidade exercen un papel importante a medida que desenvolvo un proxecto. En lugar de rexeitar estes sentimentos, inclínome por eles para guiarme. Neste encontro exploraremos diversos proxectos nos que levo traballado e abordarei as distintas fases desde a investigación inicial ata a materialización dos mesmos. Tamén se abrirá un espazo para a conversa libre no que se poderán compartir procesos, intereses e reflexións.”, explica Bandia Ribeira.

Para asistir tes que inscribirte neste formulario ata o 25 de outubro e aboar as taxas correspondentes. No formulario tes a información de como realizar o pagamento. Para calquera dúbida envía un correo a cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal)

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Cartel do encontro
Cartel do encontro
Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.10.2025.