O I Ciclo de Cinema Rural en Lingua Propia proxecta este xoves en Humanidades a película "Das weisse Band", de Michael Haneke
O salón de actos da Facultade de Humanidades do campus de Lugo acollerá este xoves, a partir das 19.00 horas, a proxección da longametraxe ‘Das weisse Band’, realizada en 2010 baixo a dirección de Michael Haneke e premiada no seu día como Palma de Ouro no Festival de Cannes.
A entrada para poder visualizar esta película, a terceira das proxectadas no marco do I Ciclo de Cinema Rural en Lingua Propia, será libre e gratuíta para todo o público interesado. Esta longametraxe, como o resto das producións incluídas neste ciclo, proxectarase en versión orixinal, en alemán, e contará con subtítulos en castelán.