Os prezos públicos por estudos conducentes á obtención de títulos de carácter oficial son fixados por cada comunidade autónoma. A Xunta de Galicia no Decreto 164/2024 polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2024/25, fixou os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico indicado. Os demais prezos públicos de carácter académico que rexen na USC foron fixados polo Consello Social da Universidade de Santiago.
| Prezo dun crédito | Primeira matrícula | Segunda matrícula | Terceira matrícula | Cuarta e sucesivas matrículas |
|---|---|---|---|---|
|
Titulacións encadradas nas ramas de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñaría e Arquitectura. |
13,93 € |
19,30 € |
31,21 € |
39,79 € |
|
Titulacións encadradas nas ramas de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas. |
9,85 € |
13,62 € |
22,04 € |
28,06 € |
Prezo dos másteres regulados ou habilitantes
| Prezo dun crédito | Primeira matrícula | Segunda matrícula | Terceira matrícula | Cuarta e sucesivas matrículas |
|---|---|---|---|---|
|
Máster universitario en Enxeñaría de Montes, Máster universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria, Máster universitario en Enxeñaría Agronómica, Máster universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos |
13,93 € |
19,30 € |
31,21 € |
39,79 € |
|
Máster universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas / Máster universitario en Avogacía e Procuradoría |
9,85 € |
13,62 € |
22,04 € |
28,06 € |
Outras ensinanzas de máster oficiais
| Prezo dun crédito |
Primeira matrícula |
Segunda e sucesivas matrículas |
|---|---|---|
| Másters non comprendidos no punto anterior, encadrados nas ramas de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura e o Máster universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible. |
13,93 €
|
38,54 €
|
| Másters non comprendidos no punto anterior, encadrados nas ramas de Arte e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas. |
9,85 €
|
26,68 € |
Estudos conducentes ao título de doutor/a regulados polo Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro.
| Cursos ou complementos formativos en ECTS |
32,00 €/crédito |
| Cursos non estruturados en ECTS |
3,30 €/hora |
| Titoría anual de doutoramento | 200,00 € |
Os prezos públicos dos créditos estudos e xestións administrativas do IV Ciclo Universitario réxense pola seguinte táboa.
| Crédito | 9,85 € |
| Apertura de expediente | 22,31 € |
| Certificación académica | 22,31 € |
| Expedición e mantemento da tarxeta universitaria (TUI) | 4,79 |
| Seguro de accidentes e asistencia en viaxe | 17,50 € |
| Expedición de título | 28,65 € |
| Duplicado de título | 28,65 € |
Os prezos públicos de Grao, Máster e Doutoramento para o alumnado estranxeiro que non sexa residente, excluídos os nacionais de Estados membros da UE e aqueles outros nos que sexa de aplicación o réxime comunitario, están fixados por unha Resolución Reitoral.
Prezo dos estudos conducentes á obtención do título de doutor
Titoría anual de Doutoramento: 200 €
Prezos comúns
| 1. Probas de acceso á universidade | 63,67 € |
| 2. Realización de requisitos formativos complementarios para a homologación de títulos estranxeiros de educación superior: | |
| a) Proba de aptitude/proba de conxunto | 116,53 € |
| b) Período de prácticas correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe A) | 13,25 €/crédito |
| c) Período de prácticas correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe B) | 9,37 €/crédito |
| d) Proxecto ou traballo | 116,53 € |
| e) Cursos tutelados correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe A) | 13,25 €/crédito |
| f) Cursos tutelados correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe B) | 9,37 €/crédito |
| 3. Exame para a obtención do título de doutor/a | 117,09 € |
| 4. Equivalencia ao nivel académico de doutor/a | 114,34 € |
| 1. Expedición de títulos académicos | |
| a) Doutor/a | 183,10 € |
| b) Licenciado/a, arquitecto/a ou enxeñeiro/a, grao, máster oficial | 123,10 € |
| c) Diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a | 60,10 € |
| d) Diploma de estudos avanzados | 59,16 € |
| e) Duplicados de títulos universitarios oficiais e do SET | 28,09 € |
| 2. Secretaría | |
| a) Apertura de expediente académico ao comezar os estudos | 22,31 € |
| b) Certificacións académicas e traslados de expediente académico | 22,31 € |
| c) Expedición e mantemento de tarxetas de identidade | 4,79 € |
| d) Solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros | 27,09 € |
| e) Solicitude de transferencia de créditos | 30,00 € |