Ir o contido principal
STG

Deportes

O Servizo de Deportes encárgase da promoción, organización, execución e difusión das actividades deportivas no Campus Terra.

Escolas deportivas no Campus Terra:

  • Ximnasia de mantemento
  • GAP
  • Mantemento+Aeróbic+Steps
  • Pilates
  • Zumba
  • Ximnasia terapéutica
  • Ioga
  • Fútbol sala feminino
  • Voleibol mixto
  • Carreira

A asistencia a estas actividades dá dereito á obtención de créditos ECTS.
 
Deporte de competición:

  • Ligas universitarias: fútbol, fútbol 7, fútbol sala, baloncesto, balonmán, rugby, voleibol, todas estas disciplinas con competicións masculinas e femininas.
  • Campionatos da USC, tanto de deportes colectivos como individuais.
  • Campionatos Galegos Universitarios
  • Campionatos de España Universitarios
  • Campionatos Galaico-Durienses entre as universidades galegas e as do norte de Portugal.

Colaboracións coa Universidade:

A actividade deportiva da USC no Campus Terra non abarca todas as disciplinas deportivas, polo que temos entidades colaboradoras en deportes como:

  • Tenis de mesa
  • Loita olímpica
  • Taekwondo
  • Esgrima
  • Escalada
  • Pádel
Deportes

Persoal

Encargado de Actividades Deportivas

Jesús Castro López

Teléfonos
982823584
Email
jesus.castro@usc.es
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2021.