Novas do Campus Terra
Actualidade
Últimas semanas para enviar candidaturas ao Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
As propostas para participar nesta edición do certame deberán presentarse antes do día 10 de xaneiro de 2025
Ler máisTres grupos operativos supra-autonómicos coa participación da USC darán pulo á produtividade e sustentabilidade agrícolas
CLIMALACT, Ash4Soil e PRERIVID achegarán solucións innovadoras para o sector lácteo, a mellora da calidade dos solos e o ámbito vitivinícola, respectivamente
Ler máisUXAFORES optimiza a rendibilidade das comunidades de montes no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza
O equipo liderado pola catedrática da EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC, Esperanza Álvarez, levou a cabo unha intensa recollida e análise de mostras para incrementar a fertilidade dos solos
Ler máisRURALtXA! leva avaliadas 23.000 hectáreas de hábitats para potenciar a bioeconomía das zonas rurais
O proxecto no que participa a USC traballa con centos de persoas comuneiras que desenvolven actividades tradicionais como a gandería extensiva, o sistema de manexo de cabalos salvaxes ou a apicultura
Ler máisO Campus Terra xerou o ano pasado máis de 75 millóns de euros de produción para a provincia de Lugo
O informe sobre ‘O Impacto económico do Campus Terra na provincia de Lugo’ evidencia que por cada 100 euros de gastos directos vinculados a este campus de especialización, xéranse 92 euros adicionais de produción a través dos efectos indirectos e inducidos
Ler máisA novena edición do DivúlgaT presentará de xeito ameno ante a cidadanía o traballo do persoal investigador do Campus Terra
A asociación Agromar organiza esta actividade que se desenvolverá o 28 de novembro e o 5 de decembro no Vello Cárcere de Lugo
Ler máisO Campus Terra profunda no labor de innovación social no rural realizado polo emprendemento das mulleres que o habitan
A xornada 'Arredor do rural. Aprendizaxes dende as voces das mulleres' levarase a cabo o vindeiro 5 de decembro na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e na Facultade de Humanidades da USC
Ler máisA APLTA acolle unha xornada sobre novas achegas para valorizar subprodutos da industria alimentaria
A economía circular é o eixo sobre o que se asentan estes relatorios que terán lugar o vindeiro 28 de novembro
Ler máisA xuntanza da Comisión Reitora acolleu a presentación da Memoria de Actividades do Campus Terra 2024
A reunión tamén serviu para coñecer o estudo de impacto económico deste campus de especialización na súa contorna
Ler máisAzucena Mora recolle o premio á mellor iniciativa de investigación do Plan Nacional de Resistencia aos Antibióticos
Liderado dende o Campus Terra da USC, o proxecto combate a resistencia antimicrobiana mediante estratexias innovadoras baseadas no concepto One Health
Ler máisMáis de 350 especialistas de 35 países profundan nos últimos achados da química orgánica sintética na ECSOC28
A International Electronic Conference on Synthetic Organic Chemistry desenvólvese en liña ata o 30 de novembro e está organizada por Julio A. Seijas Vázquez e Pilar Vázquez Tato, pertencentes ao grupo Novas Metodoloxías Sintéticas (SWT) do Campus Terra da USC
Ler máisEntregadas as credenciais das bolsas de iniciación á investigación no Campus Terra
O edificio CACTUS do Campus de Lugo acolleu o acto que serve de colofón a catro meses nos que preto dunha trintena de estudantes se beneficiaron dunha convocatoria para dar pulo ás liñas de especialización da sede universitaria luguesa entre a mocidade investigadora
Ler máisO Campus Terra desenvolverá unha ferramenta de rega de precisión que integre datos “a pé de parcela”
O grupo operativo PRERIVID do que a USC é coordinadora técnica contribuirá a crear unha viticultura máis sostible cun aforro de entre o 15 e o 20% dos recursos hídricos
Ler máisO ciclo Luis Asorey abordará a repercusión da alimentación e o medio ambiente na saúde
O profesor emérito da USC Antonio Rigueiro coordina esta iniciativa que conta co apoio do Campus Terra e que bota a andar o luns 18
Ler máisPaisactivo presenta un manual de boas prácticas e casos de éxito para unha xestión dinámica do espazo rural
A obra conta cunha serie de experiencias internacionais a través das que analizar estratexias e accións orientadas a revitalizar os territorios rurais
Ler máisI-ReWater organizará a edición 2026 da Conferencia Euromediterránea sobre Reutilización de Augas Residuais
O proxecto está liderado polo profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC Javier J. Cancela
Ler máisAberto ata o 15 de novembro o prazo para participar nos Premios da Cátedra do Pan e do Cereal
No certame repartiranse tres galardóns de 1.000, 500 e 250 euros entre Traballos Fin de Grao e Fin de Mestrado que poñan en valor o pan tradicional e os cereais
Ler máisCiencia á Feira abordará as superbacterias, o monte comunal, as velutinas e os bosques como sumidoiros de carbono
O proxecto do grupo XuvenCiencia chegará a mercados tradicionais e centros educativos
Ler máisUnha investigación do Campus Terra, premiada polo Plan Nacional de Resistencia aos Antibióticos
Liderada pola catedrática da USC Azucena Mora, céntrase en combater a resistencia antimicrobiana mediante estratexias innovadoras baseadas no concepto One Health
Ler máisUn bastón con sistema de estabilización para superficies rurais que se carga con enerxía solar, proxecto gañador do Terra Creative Jam
O certame do Campus Terra contou cun Hackaton no que os grupos participantes avanzaron en prototipos para achegar solucións que sirvan para “reinventar o rural”
Ler máisAberto ata o 3 de novembro o prazo para inscribirse no evento de divulgación científica do Campus de Lugo DivúlgaT
O certame que chega á súa novena edición está aberto a calquera persoa con actividade investigadora no Campus Terra que queira presentar nun prazo máximo de dez minutos algún aspecto do seu traballo de investigación
Ler máisO Campus Terra avanza no estudo xenómico da árnica para determinar as dinámicas reprodutivas e garantir a súa supervivencia
Os estudos previos realizados dende 2017 grazas ao financiamento da Deputación Provincial de Lugo, permitiron identificar unha variabilidade xenética importante entre as distintas poboacións analizadas en Galicia, coa presenza de diferentes grupos poboacionais
Ler máisO proxecto RURALtXA! coñece experiencias de éxito na Serra dos Ancares
Percorreron a Serra cun grupo de persoas propietarias e produtoras de tres áreas piloto onde se desenvolve o proxecto
Ler máisA aceleradora ViaGalicia, á procura do talento emprendedor no Campus Terra da USC
O Campus Terra converteuse o ano pasado na sede en Lugo da fase de academia desta aceleradora que esta ano desenvolve a súa oitava edición
Ler máisO grupo operativo Funtrapa avanza no control parasitario das explotacións que traballan baixo o esquema do benestar animal
O proxecto deseñouse, tal e como explica a investigadora da USC no Campus Terra, María Sol Arias Vázquez, para “cubrir unha necesidade esencial na gandería en pastoreo ou extensiva”
Ler máisO evento de innovación “para reinventar o rural” Terra Creative Jam mantén aberta a inscrición ata o día 18
Por equipos ou de xeito individual, as persoas inscritas poderán participar en obradoiros e en desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos para acceder a múltiples premios como ter praza na Residencia formativa LOF TALENT ou no Programa de emprendemento EXPLORER USC
Ler máisA EPSE dinamiza a investigación sobre seguridade alimentaria e resiliencia ao cambio climático en Iberoamérica
Unha comitiva do Instituto Nacional de Investigacións Agropecuarias de Ecuador realizou unha estadía no Campus de Lugo para compartir coñecementos e capacidades de forma colaborativa
Ler máisA mocidade investigadora ibérica converte Lugo en capital do coñecemento sobre o uso sustentable da terra e os seus recursos
O Campus Terra da USC impulsa a primeira edición dun congreso que se desenvolve ata o mércores 16
Ler máisTasteLab enriquecerá os seus estudos de análise sensorial coas destrezas da innovación artística
A spin-off da USC acollerá un creador de proxección internacional para explorar as interseccións entre o estudo da percepción e o proceso creativo
Ler máisMáis dun cento de especialistas darase cita no Congreso da Mocidade Investigadora do Campus Terra
Este foro reunirá, do 14 ao 16 de outubro, persoal investigador dunha ducia de universidades e centros de investigación de Portugal, Paraguai, Brasil, México e España
Ler máisSUS-SOIL dá os seus primeiros pasos para determinar a saúde dos solos e o seu grao de sustentabilidade
O Campus de Lugo acolleu a xuntanza de lanzamento deste proxecto que dirixe a catedrática da EPSE Mª Rosa Mosquera Losada e que conta cun financiamento de sete millóns de euros
Ler máisO millo galego, chave para a produción de alimentos gourmet na alta cociña europea
Un proxecto do Campus Terra da USC está a testar a produción de huitlacoche, un alimento tradicional mexicano, a partir da inoculación dun fungo en mazarocas galegas que servirían para fornecer a cociña de autoría
Ler máisBIO_MARTERRA explora as propiedades bioestimulantes das algas mariñas para reducir o estrés das plantas terrestres
O grupo operativo no que participa o Campus Terra da USC pretende acadar a comercialización destes extractos e convertelos “nun produto innovador e sustentable, nunha clara aposta pola economía circular e azul”
Ler máisAvanzan as obras de rehabilitación do Muíño de Olga para transformalo en centro de referencia arredor dos recursos hídricos
Estudantado da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo visitou os traballos de adecuación deste espazo e descubriu a orixe e características principais que converten en “singular” este lugar que será clave na transferencia de coñecemento
Ler máisO evento de innovación “para reinventar o rural” Terra Creative Jam abre o seu prazo de inscrición ata o 18 de outubro
Por equipos ou de xeito individual, as persoas inscritas poderán participar en obradoiros e en desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos para acceder a múltiples premios como ter praza na Residencia formativa LOF TALENT ou no Programa de emprendemento EXPLORER USC
Ler máisAmpliado ata o 31 de outubro o prazo para concorrer aos Premios Rafael Crecente a iniciativas innovadoras de xestión territorial
Outorgaranse dous galardóns cunha contía económica de 2.000 e 1.000 euros, respectivamente
Ler máisO Campus Terra activa a transferencia de coñecemento a través dos resultados de seis novos proxectos no eido agroalimentario e forestal
A delegada do reitor para este campus de especialización, Elvira López Mosquera, destacou na xornada de presentación de resultados que este programa de activación pretende “dar resposta a demandas que sexan relevantes para a sociedade”
Ler máisA reunión de coordinación dos tres campus de especialización de Galicia define accións estratéxicas para dinamizar o territorio
O Campus de Lugo acolleu a segunda xuntanza de cooperación entre Campus Terra, Campus Industrial de Ferrol e Campus da Auga de Ourense
Ler máisO Campus Terra da USC fomenta a inserción laboral de preto de 200 demandantes de emprego a través do Emprega-T Fest
Arredor de medio cento de espazos expositores integran esta iniciativa que pretende conectar as persoas que buscan traballo, ou que queren mellorar a súa situación profesional, coa oferta do tecido empresarial galego
Ler máisO plan formativo do Campus Terra avanza na súa misión de fortalecer as competencias no eido agroalimentario e forestal
A inscrición aínda permanece aberta nas actividades que se van desenvolver ao longo dos meses de setembro e outubro
Ler máisO tecido empresarial e o talento emerxente do Campus de Lugo daranse a man este xoves 19 no Emprega-T Fest
A delegada do reitor para o Campus Terra, Elvira López Mosquera, presentou este “espazo dinámico e cheo de enerxía” co que se pretende fomentar a inserción laboral dos diferentes perfís de demandantes de emprego e no que aínda é posible inscribirse
Ler máisO Emprega-T Fest conectará o vindeiro 19 de setembro o tecido empresarial co talento emerxente do Campus Terra
O festival ofrecerá en Lugo “un espazo dinámico e cheo de enerxía” para dar resposta aos diferentes perfís de demandantes de emprego e no que é posible inscribirse ata o día 18 deste mes
Ler máisAmpliado ata o 17 de setembro o prazo de envío de resumos para o Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora do Campus Terra
O foro desenvolverase o vindeiro mes de outubro baixo o lema ‘Raíces do coñecemento’
Ler máisComeza a rehabilitación do Muíño de Olga, futuro espazo de investigación e divulgación arredor dos recursos hídricos
A recente adxudicación das obras marca o inicio da conta atrás para que este espazo, cedido á USC por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, se transforme en escenario de xeración e difusión de coñecemento
Ler máisO Campus Terra amosa en Asturias como crear emprego a través do aproveitamento de recursos forestais como a castaña e a resina
O proxecto CARES, impulsado dende a EPS de Enxeñaría, afonda na introdución de aproveitamentos non madeireiros nos modelos silvícolas de xestión dos piñeirais
Ler máisUn proxecto piloto de xardín vertical ideado no Campus Terra reverdece as paredes urbanas
Redución do ruído, mellora da calidade do aire ou amortecemento das temperaturas son tan só algúns dos beneficios desta tecnoloxía impulsada dende a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC no Campus de Lugo
Ler máisO Campus Terra será punto de encontro das empresas co talento grazas ao Emprega-T Fest
O festival ofrecerá en Lugo o vindeiro 19 de setembro “un espazo dinámico e cheo de enerxía” para dar resposta aos diferentes perfís de demandantes de emprego e no que xa é posible inscribirse
Ler máisA actividade económica arredor da castaña, peza clave na conservación da biodiversidade e o desenvolvemento rural
Os soutos constitúen “un importante exemplo de paisaxes de produción socio-ecolóxica na Península Ibérica noroccidental”, explica o profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, Emilio Díaz Varela
Ler máisHumanidades analiza a pervivencia dos mitos de vello nos relatos contemporáneos a través da narrativa transmedia de Harry Potter
A investigación desenvolvida pola profesora do Campus de Lugo, Marta Veiga Izaguirre, trazou unha análise cultural da obra creada por J. K. Rowling, así como da comunidade xurdida ao seu redor
Ler máisCase trinta anos de reflexión arredor da química orgánica sintética con epicentro en Lugo
O Campus Terra da USC acollerá no mes de novembro o foro ECSOC28 que se desenvolve en liña e para o que se poden enviar resumos ata o 26 de xullo
Ler máisVeterinaria aborda o consumo de algas mariñas como alternativa ao uso de antibióticos en coellos
A investigación desenvolvida por Sabela Al-Soufi Novo no Campus Terra da USC avaliou con resultados prometedores o uso destes organismos na mellora da saúde intestinal deste tipo de mamíferos
Ler máisO I Congreso Ibérico organizado pola mocidade investigadora do Campus Terra profundará en outubro nas súas liñas de especialización
O prazo de inscrición e de envío de resumos ábrese este luns 15 de xullo e diríxese a estudantado de grao, mestrado, predoutoral e novo persoal investigador
Ler máisUnha investigación da EPSE desvela como as paisaxes de produción socioecolóxica son claves na conservación do oso pardo
As conclusións do traballo desenvolvido polo profesor da USC no Campus Terra, Emilio Díaz Varela, viron a luz en Xapón nun foro organizado pola International Partnership for the Satoyama Initiative
Ler máisAta o 30 de setembro aínda é posible concorrer aos Premios Rafael Crecente a iniciativas innovadoras de xestión territorial
Outorgaranse dous galardóns cunha contía económica de 2.000 e 1.000 euros, respectivamente
Ler máisAF4EU impulsará un programa de formación en asesoramento agroforestal coas experiencias dunha decena de países europeos
A catedrática da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Rosa Mosquera, lidera esta iniciativa pioneira de intercambio de coñecemento
Ler máisUnha nova Unidade Asociada de USC e CSIC abordará a dinámica dos antibióticos ionóforos nos solos galegos
A profesora do Campus Terra na EPS de Enxeñaría, Esperanza Álvarez Rodríguez, lidera este equipo que dá continuidade a unha liña de investigación conxunta iniciada en 2016
Ler máisProfesorado e estudantado do grao en Robótica do Campus Terra, premiados na Maker Faire Galicia
O grupo de innovación docente da USC XuvenCiencia tamén foi recoñecido pola súa actividade divulgadora no marco desta xornada de emprendemento e innovación social
Ler máisA labarada científica prende no centenar de estudantes que integran a duodécima edición do Campus de Verán XuvenCiencia
Ata o 5 de xullo, estudantado preuniversitario poderá coñecer de primeira man a investigación que se desenvolve no Campus Terra da USC
Ler máisPiñeiros e frondosas duplican a superficie de eucaliptos, segundo o Inventario Forestal Continuo de Galicia
Os resultados preliminares do estudo desenvolvido por USC e UVigo resulta clave para a toma de decisións en materia de política forestal xa que recolle o estado das masas arboradas e estima a cantidade e calidade de ditos recursos
Ler máisPemade forma especialistas capaces de mudar o modelo construtivo e axudar a frear o avance do cambio climático
A segunda edición do curso en cálculo de estruturas da madeira permite que unha ducia de estudantes aprenda a crear edificios máis sostibles, seguros e eficientes
Ler máisVeterinaria avanza no control da miase nasal que padecen os corzos no centro peninsular
O control dos oéstridos que afectan rabaños de ovellas e cabras podería ser crucial para frear esta patoloxía entre os ruminantes silvestres cos que comparten hábitat
Ler máisA EPS de Enxeñaría actualizará a metodoloxía para o inventario mundial de sistemas agroforestais grazas a un convenio firmado coa FAO
O acordo subscrito entre a USC e a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura pretende ser un punto de inflexión no camiño cara ao uso sustentable da terra e dos seus recursos
Ler máisUnha vintena de especialistas debate en Lugo a integración sen violencia no Imperio Romano das poboacións conquistadas
O foro que se desenvolve na Facultade de Humanidades da USC e no Museo Universitario A Domus do Mitreo esténdese ata este mércores 19
Ler máis