Ir o contido principal
STG

Seminario web con inscrición previa

Desde consultas simples a complexas en Web of Science (nivel avanzado)

13.11.2025 | 14.00h-15.00h

O II Ciclo de Formación Online da base de datos Web of Science, organizado pola FECYT xunto con Clarivate, terá lugar durante o segundo semestre do ano (xullo-decembro), co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos, por medio de varias sesións gratuitas, en español, de 60 minutos de duración.

Aberta a inscrición para os cursos de WOS de novembro
Aberta a inscrición para os cursos de WOS de novembro

Para participar nas sesións é  imprescindible rexistrarse co correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas.  As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.  

Os obxectivos de aprendizaxe desta sesión son:

  • Consellos para buscar sinónimos ou frases
  • Como utilizar o operador de proximidade
  • Crear, editar e compartir consultas complexas

Apúntate ao webinar picando nesta ligazón.

As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado, atópanse nesta páxina da FECYT.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.10.2025.