Ir o contido principal
STG
Foto: pixabay
As medidas dirixidas a estudantes con necesidades específicas de apoio educativo teñen por obxectivo conseguir que estes teñan garantida a plena inclusión na USC en igualdade de condicións.

Dependendo das necesidades de cada estudante e segundo a súa diversidade a USC ofrécelle os apoios necesarios para  a inclusión de carácter personalizado ou técnico.

Os apoios personalizados préstanse por profesionais especializados: asistentes persoais, intérpretes de lingua de signos... No caso dos apoios técnicos, trátase de equipos de frecuencia modulada, ordenadores adaptados, software específico, espazos virtuais para soporte e intercambio de materiais…. Con todo isto buscamos o mellor aproveitamento das actividades académicas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.09.2024.