Ir o contido principal
STG

Informe sobre a dixitalización nos convenios colectivos de sector galegos

22.01.2026 | 10.00h

Santiago de Compostela
Sala de Xuntas

Imaxe do informe
Imaxe do informe

O xoves 22 de xaneiro presentarase ás 12.00 horas na Facultade de Dereito o Informe sobre a dixitalización nos convenios colectivos de sector galegos, que se converterá no primeiro estudo exhaustivo destinado a analizar como a transformación tecnolóxica se incorporará á negociación colectiva en Galicia.

O traballo, encargado polo Consello Galego de Relacións Laborais a persoal investigador da USC e da Universidade de León e dirixido polo profesor Miranda Boto, examina 122 convenios colectivos autonómicos e provinciais, co obxectivo de identificar o grao de presenza da dixitalización nos textos convencionais.

Entre os ámbitos analizados destacan a participación da representación das persoas traballadoras nos procesos de transformación dixital, os novos perfís e clasificacións profesionais vinculados ás tecnoloxías da información, o teletraballo, o uso de medios dixitais e o dereito á desconexión, a protección de datos, a videovixilancia e o uso de algoritmos e IA, cuestións que mostran un desenvolvemento aínda limitado.

No acto participarán a decana da Facultade de Dereito, Ana María Gude Fernández, e a presidenta do CGRL, Antía Sández Callejo. O equipo da USC autor, José María Miranda Boto, Lidia Gil Otero e José Pazó Argibay, explicará que o informe servirá como ferramenta para impulsar unha transición dixital xusta, promovendo a transparencia, a seguridade xurídica e a adaptación progresiva de empresas e persoas traballadoras.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.01.2026.