Ir o contido principal
STG

XIV Congreso Iberoamericano de Docencia Universitaria

21.01.2026-23.01.2026

Santiago
Salón de Actos (Campus Sur)

O foro desenvólvese na Facultade de Ciencias da Educación. FOTO: Santi Alvite
O foro desenvólvese na Facultade de Ciencias da Educación. FOTO: Santi Alvite

O Congreso Iberoamericano de Docencia Universitaria é unha iniciativa internacional que promove a Asociación Iberoamericana de Docencia Universitaria (AIDU), nesta ocasión, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Este congreso internacional CIDU 2026 ten como tema principal 'A Universidade como ecosistema saudable: o desafío do Benestar' e contará coa participación de especialistas estatais e internacionais que abordarán esta temática desde diversas perspectivas.

O acto inaugural botará a andar este 21 de xaneiro, ás 9.00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da USC e estará presidido polo reitor, Antonio López Díaz. Na sesión tamén intervirán Mar Lorenzo Moledo, decana da Facultade de Ciencias da Educación; Felipe Trillo Alonso, membro do Comité organizador e co presidente do Congreso; Miguel Ángel Zabalza Beraza, presidente da Asociación Iberoamericana de Didáctica Universitaria e co presidente do Congreso; e José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.01.2026.