Ir o contido principal
STG

Ciencias Políticas e Xornalismo celebran este sábado o acto de graduación

O alumnado de Ciencias Políticas celebra este sábado 8 na Facultade de Filoloxía o seu acto de graduación, que presidirá ás 16:30 horas o reitor da USC, Antonio López.

Na cerimonia intervirán ademais o decano da Facultade, Ramón Ángel Bouzas Lorenzo; a profesora e madriña da promoción María Pereira López, e Chiara Axé Baliñas Vidal en nome do alumnado da graduacion.

Do mesmo xeito, ás 18.00 horas no Auditorio de Galicia está previsto o acto de graduación da promoción de Xornalismo e do dobre grao de Comunicación Audiovisual-Xornalismo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2019.