Ir o contido principal
STG

Lectura do manifesto aprobado na XXII Conferencia Nacional de Decanatos de Letras a prol dos estudos de Humanidades

A vicedecana da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, JoDee Anderson, lerá este xoves, a partir das 12.00 horas, no vestíbulo do centro universitario lugués, ao manifesto aprobado polos decanos e decanas de Letras das universidades públicas españolas na XXII Conferencia Nacional de Decanatos de Letras, e no que fan pública a súa opinión respecto das “serias dificultades” que afrontan os estudos de Humanidades en España.

A lectura deste manifesto acordado no marco da XXII Conferencia Nacional de Decanatos de Letras celebrarase de xeito simultáneo en todos os centros universitarios públicos do país nos que se imparten estudos de Humanidades, que, segundo recolle o citado documento, “son indispensables nunha universidade que queira responder ás necesidades dunha sociedade democrática e corren o risco de verse postergados como luxo cultural prescindible”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.06.2014.