Skip to main content
STG

María Isabel González Rey, decana de Humanidades no Campus Terra da USC: "Centrámonos en impartir unha formación profesionalizante pero sen esquecernos da base humanística".

María Isabel González Rey, decana de Humanidades en el Campus Terra de la USC: "Nos centramos en impartir una formación profesionalizante pero sin olvidarnos de la base humanística".
María Isabel González Rey, decana de Humanidades en el Campus Terra de la USC: "Nos centramos en impartir una formación profesionalizante pero sin olvidarnos de la base humanística".
Logo de coñecer o ránking elaborado pola Fundación Everis, no que a partir dos datos de 2.155 enquisas a responsables de contratación doutras tantas empresas de toda España, no que a Universidade de...
Lugo

Logo de coñecer o ránking elaborado pola Fundación Everis, no que a partir dos datos de 2.155 enquisas a responsables de contratación doutras tantas empresas de toda España, no que a Universidade de Santiago de Compostela foi cualificada como a universidade española con mellor percepción entre os empregadores no ámbito das Humanidades e outras Ciencias Sociais, a decana da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC manifestouse moi satisfeita cos resultados. Para Isabel González Rey, "a eficacia da formación en Humanidades débese a que se trata dunha formación integral da persoa e, concretamente, o grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural é un grao híbrido, é dicir, dotado de contidos humanísticos, pero tamén profesionalizante, tanto dende a perspectiva da produción, como da xestión e a difusión cultural". Os profesionais das industrias culturais acoden á Facultade de Humanidades, cada ano, para transmitirlles aos alumnos as súas propias experiencias profesionais e, a xuízo de González Rey, isto resulta de vital importancia á hora de reforzar as saídas profesionais. "Os nosos graduados saen da Facultade con coñecementos de Filosofía, Antropoloxía, Arte, Linguas... pero tamén adquiren coñecementos en Cibercultura ou Comunicación Organizacional. Centrámonos en impartir unha formación práctica pero sen esquecernos da base humanística".

 

Este informe da Fundación Everis sobre empregabilidade de recén titulados/as sinala que a USC é a mellor valorada en canto a honestidade e compromiso ético, habilidades interpersoais e a comunicación, capacidade de análise e resolución de problemas, a orientación a resultados, así como os coñecementos técnicos que achega aos seus titulados/as para o exercicio da profesión. No apartado de Humanidades e outras Ciencias Sociais atópanse agrupadas os graos en Xornalismo, Comunicación Audiovisual, Educación Primaria, Educación Social, Pedagoxía, Mestre en Educación Infantil, Filosofía, Historia, Historia da Arte, Humanidades, Hispánica, Inglés, Literatura, Xeografía ou Ciencias Políticas, entre outras.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.