Skip to main content
STG

Botánica e son danse a man na nova exposición do Museo de Historia Natural da USC

Detalle de 'The Poppy' (A Papoula'), unha das ilustracións científicas de Sarela Lorenzo Rebollal que poden verse na exposición 'Calendario Floral'
Detalle de 'The Poppy' (A Papoula'), unha das ilustracións científicas de Sarela Lorenzo Rebollal que poden verse na exposición 'Calendario Floral'
A mostra ‘Calendario Floral’ inspírase na obra do compositor escocés James Oswald e conxuga a súa escoita coa contemplación dunha escolma de ilustracións das especies botánicas que dan título ás pezas musicais

O Museo de Historial Natural da Universidade de Santiago de Compostela acaba de incorporar ás súas exposicións temporais a mostra ‘Calendario Floral’, unha proposta que irmanda o traballo da bióloga a e ilustradora científica Sarela Lorenzo Robledo coas interpretacións musicais da formación para violín e cello Duo PrismA.

O proxecto parte da obra ’96 Airs for the Seasons’ de James Oswald, na que compositor escocés barroco musicou un tributo á natureza a través de 96 pezas para instrumento melódico, baixo continuo e clavicémbalo, que dividiu en catro bloques correspondentes a cada unha das estacións do ano e ás que atribuíu como título o nome dunha flor ou arbusto. 

De entre todas elas, o Duo PrismA, conformado por Eva Otero (violoncello) e Ioan Haffner (violín),  fai unha escolma e dota a súa interpretación musical de dimensión visual grazas á colaboración da artista Sarela Lorenzo Robledo. Desa irmandade resulta unha mostra na que as persoas visitantes poderán contemplar a colección de láminas botánicas das especies que titulan estas composicións musicais mentres escoitan a súa versión sonora a través do código QR que acompaña cada unha das ilustracións. 

A mostra ‘Calendario Floral’ poderá ser visitada no Museo de Historia Natural de martes a sábado das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20 horas, e os domingos e festivos das 11 ás 14 horas.
 

Vista completa de 'The Poppy' (A Papoula'), unha das ilustracións científicas de Sarela Lorenzo Rebollal que poden verse na exposición
Vista completa de 'The Poppy' (A Papoula'), unha das ilustracións científicas de Sarela Lorenzo Rebollal que poden verse na exposición
The contents of this page were updated on 05.06.2024.