Skip to main content
STG

Sede Santiago

Cultivando o benestar persoal: seminario práctico de autoestima e emocións

11 e 12 de decembro

Fernando Lino Vázquez e Queila Bouza

Ao longo da nosa vida, experimentamos numerosos cambios físicos e sociais que requiren un axuste psicolóxico e vital. Ditos cambios representan un desafío e unha oportunidade única para a nosa saúde mental e benestar emocional. A autoestima, definida como a valoración subxectiva que facemos de nós mesmos, desempeña un papel fundamental en como percibimos e enfrontámonos aos retos diarios. Así mesmo, as habilidades de regulación emocional, entendidas como a nosa capacidade para identificar e xestionar os estados emocionais, son esenciais para manter un equilibrio emocional e facilitar o noso desenvolvemento persoal e social.
Este curso está deseñado para proporcionar aos participantes un conxunto de técnicas e ferramentas, fundamentadas na evidencia científica, destinadas a manter unha autoestima saudable e ampliar o repertorio de habilidades de regulación emocional; promovendo así un maior benestar e unha vida máis equilibrada e satisfactoria.

The contents of this page were updated on 09.10.2024.