Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

STG

Ata o 22 de xaneiro para inscribirse nalgún dos 15 cursos en liña e de balde de EUniWell

Consulta o Catálogo de Cursos e Formacións.
Cartel informativo do Catálogo de Cursos e Formacións.
EuniWell ofrece un Catálogo de Cursos e Formacións sobre unha ampla variedade temática.

Queres ampliar coñecementos e mergullarte nun novo reto académico? Consulta o Catálogo de Cursos e Formacións da Universidade Europea do Benestar (EUniWell). Ata o 22 de xaneiro, está aberto o período de inscrición de 15 cursos en liña, de balde e sobre unha ampla variedade temática. Unha oferta da que se pode beneficiar a comunidade universitaria da Universidade de Santiago de Compostela.  

Estas actividades forman parte dun catálogo máis amplo, composto por máis de 30 cursos ofertados polas 11 universidades que integran a alianza EUniWell, incluída a USC. En febreiro abrirá o prazo de solicitude dunha nova oferta de cursos de temática tamén diversa.

Para facilitar o proceso, está dispoñible un documento de preguntas frecuentes para resolver calquera dúbida.  

Non perdas esta oportunidade. Inscríbete xa e dá un paso máis na túa formación! 

The contents of this page were updated on 01.17.2025.