Pasar al contenido principal
STG

O programa de emprendemento ARGOS premia un proxecto do campus de Lugo sobre asesoramento en materia de benestar animal

O programa de emprendemento ARGOS premia un proxecto do campus de Lugo sobre asesoramento en materia de benestar animal
O programa de emprendemento ARGOS premia un proxecto do campus de Lugo sobre asesoramento en materia de benestar animal
Adán Castro-Gil Centelles, Roberto Besteiro Doval, Tamara Arango López e Juan Esparís Silva veñen de ser galardoados con 3000 euros na sexta edición do ‘Programa Argos. Creando equipos emprendedores’...
Lugo

Adán Castro-Gil Centelles, Roberto Besteiro Doval, Tamara Arango López e Juan Esparís Silva veñen de ser galardoados con 3000 euros na sexta edición do ‘Programa Argos. Creando equipos emprendedores’ da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, na súa modalidade ‘Argos Spin’ para proxectos baseados en resultados de investigación, grazas a ‘BeWell’, proxecto de spin-off que aspira a ofrecer servizos especializados en materia de benestar animal ao sector agroindustrial coa finalidade de mellorar a calidade dos produtos que chegan ao consumidor final.   

 

BeWell ofrece asesoramento especializado sobre benestar animal en granxa a través da medición de variables ambientais no interior do aloxamento. Ademais, ofrece un sistema de avaliación propia do benestar animal asociada a unha marca de garantía da USC, alén de posuír servizos de auditoría para outras certificacións.

 

Informes sobre concentración ou emisión de gases en explotacións gandeiras; servizos de enxeñaría, en especial aqueles orientados á xestión ambiental das explotacións, eficiencia enerxética e implantación de enerxías renovables; formación específica en benestar animal e emisións de gases; e deseño e instalación de ensaios experimentais con fines científicos, constitúen outras das prestacións que ofrece este proxecto de empresa de base tecnolóxica.

 

Roberto Besteiro Doval e Tamara Arango López

 

O Programa Argos da USC alberga como principal obxectivo a conformación de equipos interdisciplinares aos que se lles facilita acompañamento e asesoramento no proceso de definición dunha idea de negocio ademais de avaliar a súa capacidade para chegar a constituír un proxecto empresarial convincente. Argos susténtase en tres ideas: a complementariedade de perfís persoais e profesionais no equipo; a presenza dunha persoa con coñecementos de xestión empresariais; e o acceso á carteira de resultados de investigación da USC que poderán ser a base do seu plan de empresa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.