Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión

(Observación: neste micrositio web preséntase información complementaria á que se recolle nas distintas ligazóns web das Universidades participantes neste Programa de Doutoramento, sen menoscabo de repetir información que se considere máis relevante)

 

O obxectivo deste Programa de Doutoramento (PD) interuniversitario (USC como Universidade Coordinadora) é a formación e investigación no ámbito da ciencia e a tecnoloxía óptica do Láser, a Fotónica e a Visión. A superacion dos estudos do  PD otorga o título de Doutor en Láser, Fotónica e Visión polas Universidadas USC, UDC e UVIGO. Na Memoria Oficial do PD en Láser, Fotónica e Visión recóllese toda a información relevante sobre este PD.

O ámbito do coñecemento do Láser, a Fotónica e a Visión  ten como obxectivo o estudo da xeración, transmisión, detección, control e manipulación da luz. O devandito estudo está orientado ao desenvolvemento de tecnoloxías con aplicacións dun alto interese en múltiples e dispares ámbitos socioeconómicos, sanitarios, etc., que van dende as telecomunicacións, as ciencias da vida e a saúde, o medio ambiente, a metroloxía industrial, o lecer ..., até as fronteiras científico-técnicas como a nanoóptica, o procesado e as comunicacións cuánticas, os metamateriais ópticos, etc. Abrangue por tanto dende o desenvolvemento de dispositivos que forman parte da vida cotiá ata innovadoras investigacións que alcanzan as fronteiras do coñecemento científico, coma por exemplo se puxo de manifesto na concesión do Premio Nobel de Física 2022 aos Físicos Aspect, Clauser e Zeilinger polos "experimentos con fotones entrelazados  establecendo l violación das desigoaldades de Bell"

A evolución da ciencia e tecnoloxía óptica do Láser, a Fotónica e a Visión foi constante ao longo da historia acompañando o desenvolvemento de moitas outras disciplinas que contribuíron de forma directa ao progreso e á innovación. De feito, mereceu por parte da UNESCO declarar o Día Internacional da Luz. Na actualidade e de forma natural, a óptica compleméntase coa electrónica, a informática, a micromecánica, etc, dando lugar a unha miríada de aplicacións altamente especializadas (técnicas de metroloxía óptica industrial, instrumentación bio-óptica, sensores ópticos medio-ambientais, telecomunicacións, encriptación fotónica, corrección de defectos visuais, iluminación, etc) e a produtos de grande consumo (cámaras dixitais, proxectores, soportes ópticos de almacenamento, todo tipo de lentes oftálmicas, etc). En termos socio-económicos o sector científico-técnico da ciencia e a tecnoloxía óptica e fotónica é de extrema importancia para os grandes retos do século XXI, e de feito as Tecnoloxías Fotónicas son consideradas como Tecnoloxías Estratéxicas (KETs) pola Comisión Europea,  e conta cunha plataforma tecnolóxica europea Photonics21.

 

 

 

Contactos

Coordinador do Título

Jesús Liñares Beiras

Enderezo
Facultade de Óptica e Optometría / Facultade de Física
Email
suso.linares.beiras@usc.es
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.06.2024.