Ir o contido principal
STG

Impulso á Consolidación Científica

Vías de desenvolvemento laboral

Opción á dotación dunha praza de nivel posdoutoral competitivo que permita a estabilización antes do remate do contrato, garantindo a vinculación coa USC. Este posto será de Profesor Titular de Universidade para persoal investigador Ramón y Cajal acreditados I3 ao remate do seu proxecto.

Este persoal investigador terá a posibilidade de incrementar a súa retribución anual ata un máximo do 40% en función da experiencia e méritos acreditados segundo as capacidades económicas dos grupos, institutos e centros de investigación aos que se adscriba.

Complementariamente, o persoal investigador beneficiario dunha Grant do Programa ERC, poderá sumarse ao Programa OPORTUNIUS, que asegura a súa estabilización competitiva pola Xunta de Galicia mantendo a súa vinculación científica coa USC.

Máis información

 

Programa de Persoal Investigador Distinguido

Programa para a incorporación de talento posdoutoral en áreas estratéxicas de investigación da USC.

  • Modalidade A: posdoutorado cunha experiencia de 2 anos en centros de I+D distintos a aquel ou aqueles nos que obtivo o título de doutoramento.
  • Modalidade B: posdoutorado cunha traxectoria investigadora posdoutoral destacada e non inferior a 3 anos en centros de I+D, españois ou estranxeiros, distintos a aquel ou aqueles nos que obtivo o título de doutoramento.
  • Modalidade C: posdoutorado cunha traxectoria investigadora posdoutoral destacada e non inferior a 5 anos en universidades ou centros de I+D, españois ou estranxeiros, distintos a aquel ou aqueles nos que obtivo o título de doutoramento.

 

Soporte ás Actividades de I+D

Financiación anual para asegurar o desenvolvemento independente da liña de investigación propia: Programa de Proxectos de Excelencia financiado pola Xunta de Galicia

Máis información

Recursos económicos complementarios á financiación ERC, aportados a través de programa da Xunta de Galicia OPORTUNIUS durante a vixencia do proxecto Starting, Consolidator, Advanced ou Synergy Grants

Máis información

 

Apoio á conformación de equipo investigador

Acceso favorable a Programas de incorporación de investigadores predoutorais financiando a contratación de persoal investigador en formación durante 4 anos.

Acceso priorizado aos programas de investimento en Infraestruturas Científicas

 

Medidas de “Benvida Científica”

Incentivos económicos aplicables a gastos de establecemento e inicio de actividade (traslados, gastos básicos de laboratorio, servicios científico-técnicos, acceso a infraestruturas singulares, bases de datos, etc.)