Investigadores
Coordinador
Edelmiro López Iglesias
Profesor Titular de Universidade- Correo electrónico
- edelmiro.lopez [at] usc.es
- Teléfono
- 881811718
Formación
Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, con Premio Extraordinario de Licenciatura (1984).
Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, con Premio Extraordinario de Doutoramento (1994).
Experiencia profesional
Desde 1984 ven desenvolvendo a súa actividade profesional como profesor no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, onde actualmente (desde 1996) é Profesor Titular de Universidade. De 1999 a 2005 foi Director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA); e de agosto de 2005 a abril de 2009 ocupou o cargo de Director Xeral de Desenvolvemento Rural na Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia.
Ten dirixido ou participado como membro do equipo en máis de 30 proxectos de investigación e é autor de varios libros e numerosos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas. Realizou estadías en diversas Universidades e centros de investigación estranxeiros, e ten actuado como consultor de diferentes organismos internacionais no ámbito das políticas agrarias e de desenvolvemento rural, como a Comisión Europea, o Banco Interamericano de Desarrollo (BID) e o Instituto Interamericano de Cooperación para la Agricultura (IICA).
Actualmente é o coordinador do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC).
As súas liñas de investigación céntranse nos campos da economía e política agraria, o desenvolvemento rural e a economía rexional.
Membros
José Caamaño Alegre
Profesor Contratado Doutor- Correo electrónico
- jose.caamano [at] usc.es
- Teléfono
- 881814764
Integrado no Departamento de Economía Aplicada, é Profesor Contratado Doutor da Área de Economía Política e Facenda Pública da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación céntranse nos campos do orzamento público; control do gasto; regras, disciplina e transparencia fiscais; condición financeira; xestión pública; economía da xustiza penal e aspectos metodolóxicos e filosóficos da economía e a xestión pública.
Formación
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1994).
Graduado de Licenciatura na modalidade de Tesiña (1996), a cal foi realizada na Área de Economía Política e Facenda Pública da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (Departamento de Economía Aplicada).
Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (2005), cunha Tese de doutoramento realizada na devandita Área
Experiencia profesional
Autor de máis dunha vintena de publicacións científicas, comezou a súa carreira docente como Profesor Asociado de Universidade a tempo parcial no Departamento de Economía Aplicada da USC en 1997, sendo despois bolseiro predoutoral da Xunta de Galicia (1997-1998) e Profesor Asociado de Universidade a tempo completo (1998-2006) no mesmo Departamento. A partir de 2006 seguiu a desenvolver nel a súa labor xa como Profesor Axudante Doutor, pasando a ser Profesor Contratado Doutor en 2008 (até a actualidade).
En 2014 incorpórase ao grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC).
María Cadaval Sampedro
Profesora Titular de Universidade- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Teléfono
- 881811664
María Cadaval Sampedro é profesora no departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Experta en federalismo fiscal, descentralización, finanzas rexionais e locais. Dirixe a Cátedra Iberoamericana da USC. Co-directora executiva da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela. Subdirectora de RIFDE (Red de Investigadores en Financiación autonómica y Descentralización financiera en España). Membro de GEN (Governance and Economics Research Network). Membro do Foro Económico de Galicia.
Como investigadora no campo da Economía aplicada, o seu traballo é transversal, combina aspectos económicos, sociais e politicos. As publicacións máis recentes en revistas científicas de alto impacto abarcan temas como o impacto da consolidación fiscal sobre a intención de voto ou os factores políticos, os eventos extremos e a descentralización, custos de centralidade en áreas urbanas, avaliación da fiscalidade sobre a enerxía eólica ou a efectividade do Bono Social Eléctrico.
Participa en calidade de membro ou IP en proxectos e contratos científicos do Ministerio de Ciencia e Innovación de España (2023-2026), do Instituto de Estudios Fiscales, da Axencia Estatal de Investigación, da Xunta de Galicia ou do Consello de Contas.
Na área de transferencia e divulgación participa en diversos medios de comunicación -radio, prensa e televisión- para promover actividades académico-científicas.
Xoaquín María Fernández Leiceaga
Profesor Titular de Universidade- Correo electrónico
- xoaquin.fernandez [at] usc.es
- Teléfono
- 881811574
Formación
Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1984).
Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1990).
Experiencia profesional
Desde 1985 ven desenvolvendo a súa actividade docente no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, onde na actualidade (desde 1992) é Profesor Titular de Universidade. Desde 2014, é Director do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), cargo que xa ocupou durante o bienio 1998-1999. Ao longo da súa carreira ten publicado máis dunha vintena de capítulos en diversas obras científicas e máis de 30 artigos en publicacións periódicas especializadas. Aliás, foi membro do Consello Editorial de Urban Public Economic Review e da Asociación de la Economía de la Educación. Forma parte do Consello Científico do IDEGA, da Asociación Europea de Ciencia Rexional e de RIFDE (Red de Investigadores en Federalismo y Descentralización). Está integrado no grupo GEN (UVigo), co que desenvolve boa parte da súa investigación. É coeditor dun blog sobre federalismo fiscal no diario Expansión. Colabora habitualmente en medios impresos. É membro do Foro Económico de Galicia.
Como xestor, destaca a súa experiencia como Vicerreitor de Asuntos Económicos da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994); como Concelleiro de Facenda e Mercados (1999-2003) e, máis adiante, de Facenda, Transportes e Reforma Administrativa (2003-2007) no Concello de Santiago de Compostela; foi membro dos consellos de administración de MERCAGALICIA (1999-2007), EMUVISSA (1999-2007) e TUSSA (2003-2007). Como deputado no Parlamento de Galicia (2005-2009 e 2009-2012), destaca a súa labor como Portavoz de Economía do grupo parlamentario socialista (2005-2009) e, máis adiante, como Portavoz do grupo parlamentario socialista (2009-2010).
É membro do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC) desde a súa constitución en 2004.
Ana Isabel García Arias
Profesora Titular de Universidade- Correo electrónico
- anaisabel.garcia [at] usc.es
- Teléfono
- 982823226
Formación
Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1991).
Master of Arts in European Economy from the College of Europe (Bélxica, 1993).
Doutora en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (2008).
Experiencia profesional
É Profesora Titular de Universidade no Departamento de EconomIa Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Conta cunha longa experiencia na docencia da economía nos ámbitos ambiental, forestal e agrícola a nivel universitario, sendo a avaliación das políticas agroambientais en Galiza o obxecto da súa tese de doutoramento. Dirixiu numerosos traballos académicos de Fin de Grao e Master na Escola Politécnica Superior da USC (Campus de Lugo) no ámbito das enxeñarías agrarias e forestais. Asemade ocupou diversos cargos de responsabilidade académica neste mesmo centro. É membro da Xunta directiva da Asociación Española de Economía Agraria dende 2018. Tamén é membro da Comisión de Sustentabilidade do Cluster do Sector Agroalimentario Galego (CLUSAGA) dende 2020.
Como membro do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC), do que forma parte dende a súa constitución en 2004, participou en máis de 10 proxectos de investigación financiados en convocatorias públicas nas mesmas áreas así como en traballos derivados de contratos con empresas. Por exemplo, levou a cabo a avaliación dos efectos das políticas e o cambio estrutural sobre a diversidade territorial das áreas de especialización gandeira, no contexto do proxecto de investigación CAMESPA (2002-2005), financiado polo Ministerio de Ciencia e Educación. Tamén contribuíu a analizar o papel da agricultura no desenvolvemento e diferenciación dos territorios rurais españois (RURAGRI, 2009-2011, financiado polo Ministerio de Ciencia e Educación).
Máis recentemente ten participado nos traballos de deseño da Infraestrutura Verde de Galicia así como nun convenio de colaboración coa Deputación de A Coruña para a avaliación dos custos da expansión da Vespa Velutina nas explotacións de mel. As súas principais achegas están reflectidas en máis de 20 publicacións científicas e outras tantas contribucións a congresos nacionais e internacionais.
Santiago Lago Peñas
Profesor Catedrático de Universidade- Correo electrónico
- santiago.lago.penas [at] usc.es
Catedrático de Facenda Pública do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Economista senior de FUNCAS, codirector da rede de investigadores en financiamiento autonómico e descentralización financeira en España (RIFDE). Experto para o Banco Mundial, o Banco Interamericano de Desenvolvemento, a Comisión Europea, a OCDE, o Forum of Federations e a Assembly of European Regions, entre outras institucións. Ten comparecido no Senado, no Congreso dos deputados e nos parlamentos autonómicos de Galicia, Cataluña, Madrid, Aragón, e Andalucía como experto en facenda pública. Director do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo (2011-2013) e fundador e responsable do grupo de investigación de referencia competitiva Governance and Economics research Networtk-GEN entre 2014 e 2023.
Membro da Comisión de expertos para a reforma da financiación autonómica (2017) e do Comité de expertos para a reforma do sistema tributario (2021-2022), ambas as dúas creadas polo Goberno de España. Académico numerario da RACEF e Medalla de investigación da Real Academia Galega de Ciencias “Domingo García Sabell Rivas” no ámbito das ciencias sociais en 2024.
Director do EconLabGalicia e do Foro Económico de Galicia e coordinador do grupo de expertos creado pola Xunta de Galicia para afrontar os retos económicos do COVID-19. Conselleiro de Recursos de Galicia. Foi vocal do Consello Económico e Social de Galicia (2003-2011) e presidente do Accessibility Working Group da Atlantic Transnational Network (2003-2005).
Columnista de El País/Cinco Días e dos diarios do grupo Prensa Ibérica en Galicia, e colaborador habitual de cadena SER.
Maria do Mar Pérez Fra
Profesora Contratada Doutora- Correo electrónico
- mariadomar.perez [at] usc.es
- Teléfono
- 982823314
Formación
Máster en Xestión do Desenvolvemento Local pola Universidade de Santiago de Compostela (1994).
Doutora en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (2003).
Experiencia profesional
É Profesora Contratada Doutora no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ten unha ampla traxectoria no deseño, desenvolvemento e avaliación de políticas de desenvolvemento rural. Neste ámbito, cumpre destacar a coordinación en Galicia do Programa de Desenvolvemento Rural 2007-2013 e a elaboración dunha tese doutoral ligada á análise e avaliación da Iniciativa LEADER I en Galicia e Norte de Portugal. Aliás, foi a responsábel do Departamento de Coordinación e Planificación de Desenvolvemento Rural da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) durante o período 2005-2007.
Por outra parte, estivo involucrada en numerosos proxectos de investigación nacionais e internacionais, e ten realizado estadías de investigación e/ou docencia nas Universidades de Trás-os-Montes e Alto Douro (Portugal), na Universidade Técnica de Lisboa (Portugal), no Rural Economy Research Centre-TEAGASC (Irlanda) e na Universidade Federal de Viçosa.
É membro do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC) desde a súa constitución en 2004.
Raúl Ríos Rodríguez
Profesor Axudante Doutor LOSU- Correo electrónico
- raul.rios [at] usc.es
- Teléfono
- 881811573
Formación
Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (2012).
Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación pola Universidade de Santiago de Compostela (2013).
Doutor en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica pola Universidade de Santiago de Compostela (2019).
Experiencia profesional
É profesor axudante doutor na área de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación céntranse no ámbito da economía dos medios de comunicación e no xornalismo económico. A súa tese de doutoramento aborda o tratamento mediático da crise económica de 2008, centrándose na análise dos discursos lexitimadores das políticas de austeridade aplicadas como resposta á crise. Forma parte do grupo ECOAGRASOC desde o ano 2013 como investigador en formación, e desde 2020 xa como membro.
Ibán Vázquez González
Profesor Titular de Universidade- Correo electrónico
- iban.vazquez.gonzalez [at] usc.es
- Teléfono
- 982823224
Formación
Enxeñeiro Técnico Agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela (2005).
Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade de Santiago de Compostela (2007).
Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas pola Universidade de Santiago de Compostela (2009).
Postgrado de Experto en Xestión de Empresas Agroalimentarias na Fundación Juana de Vega – Universidade da Coruña.
Doutor en Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural pola Universidade de Santiago de Compostela (2013).
Experiencia profesional
É profesor titular na Escola Politécnica Superior de Enxeñería, no campus de Lugo da USC. Formouse como investigador no seo do grupo Ecoagrasoc, sendo os seus directores de tese Francisco Sineiro e Roberto Lorenzana. Após doutorarse, exerceu durante case catro anos no Centro de Investigación e Formación Agrarias (CIFA), dependente da Consejería de MedioRural, Pesca y Alimentación do goberno de Cantabria.
As súas principais liñas de investigación tratan sobre os sistemas de produción agrarios, o desenvolvemento rural, a xestión técnico-económica de explotacións, a sustentabilidade e mellora da eficiencia produtiva, os servizos ecosistémicos e, de maneira destacada, o vacún de leite e carne. É autor ou co-autor de máis de 40 publicacións de carácter científico e participou tamén en mais de 30 congresos nacionais ou internacionais.
Luis Castañón Llamas
Profesor Contratado Doutor- Correo electrónico
- luis.castanon [at] usc.es
- Teléfono
- 982824407
Formación
Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1987).
Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (2002), con sobresaínte Cum Laude.
Experiencia profesional
Após traballar para a Confederación de Empresarios da Coruña (1987-1988) e para o Instituto Galego de Estatística (1988-1989), comezaría a súa carreira docente como Profesor Asociado de Universidade no Departamento de Economía Aplicada da Universidade da Coruña (1989-1991). A partir de 1991, desenvolve a súa actividade na Universidade de Santiago de Compostela como Profesor Asociado, cargo que mantén na actualidade. De forma paralela, a partir de 2008 imparte materias de Estrutura Económica como Profesor Titor do centro asociado da UNED en Lugo.
É membro do Consello Científico e do Consello Editor do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) (entre 1992 e 1995 e desde 1998 até a atualidade). Aliás, fai parte do Comité avaliador da Revista Galega de Economía, da Asociación Española de Economía Regional, da Sociedad de Economía Mundial e da Regional Studies Association.
É membro do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC) desde a súa constitución en 2004.
Francisco Sineiro García
Profesor Titular de Universidade
Formación
Licenciado en Enxeñaría Agrónoma pola Universidade Politécnica de Madrid (1971).
Doutor pola Universidade Politécnica de Madrid (1996).
Experiencia profesional
Xa retirado, foi Profesor Titular de Universidade no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Anteriormente foi investigador no campo da produción animal no Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria (INIA). Traballou, en primeiro lugar, nos sistemas de produción de carne de vacún e ovino de montaña e, máis adiante, na economía do sector leiteiro e a industria agroalimentaria. Estivo involucrado en máis de 20 proxectos de investigación e publicou varios artigos en revistas tanto nacionais como internacionais, así como varios libros e capítulos de libro nos campos da súa especialidade.
Como xestor público, destaca a súa actividade como Director Territorial de Galicia do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (1985-1987) e, máis adiante, como Conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes da Xunta de Galicia (1987-1990). Foi deputado do grupo socialista no Parlamento de Galicia entre 1989 e 2005.
É membro do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC) desde a súa constitución en 2004.
Bernardo Valdês Paços
Profesor Titular de Escola Universitaria- Correo electrónico
- bernardo.valdes [at] usc.es
- Teléfono
- 982823225
Formación
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela (1992).
Experiencia profesional
Participou en varios proxectos de investigación relacionados coa produción animal, o desenvolvemento rural, as políticas agrarias e o cambio estrutural.
É membro do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC) desde a súa constitución en 2004.
Xulia Guntín Araújo
Profesora Titular de Universidade- Correo electrónico
- xulia.guntin [at] usc.gal
Xulia Guntín Araújo é profesora no Departamento de Economía Cuantitativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC). As súas liñas de investigación céntranse nas políticas e procesos de I+D+i.
É licenciada en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutora pola mesma universidade coa tese ‘Comercio e innovación industrial nos países da OCDE: unha análise cuantitativa’ (2000).
É membro do grupo de investigación ECOAGRASOC desde 2021.