Xuventude rural en fuga
Un novo estudo presenta as tendencias da emigración xuvenil nas comarcas galegas
O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica vén de publicar o seu primeiro dossier temático 'Mobilidade e migracións en Galicia'. Neste monográfico, expertos e especialistas abordan distintas dimensións dos movementos poboacionais que están a transformar o noso territorio, actualizando datos e incorporando novas perspectivas de análise.
Dentro deste informe, o capítulo titulado “Tendencias recentes da emigración xuvenil nas áreas rurais galegas”, asinado por Rocío Toxo Asorei e Ana Isabel García Arias, do grupo de investigación Ecoagrasoc, analiza de xeito detallado os fluxos migratorios xuvenís que parten das zonas rurais de Galicia. A partir dunha delimitación das áreas rurais conforme aos criterios europeos, as autoras exploran:
- A dinámica demográfica destas comarcas ao longo deste século.
- Os principais determinantes que están a impulsar a emigración rural dos mozos e mozas galegas.
- A súa consonancia cos factores identificados pola investigación europea sobre migración xuvenil.
Os resultados abren novas vías de reflexión para os estudos de emigración rural e ofrecen claves fundamentais para deseñar medidas de desenvolvemento rural adaptadas á realidade galega.
🔗 Ler o informe completo (acceso aberto):
Mobilidade e migracións en Galicia (PDF)