Premio Nobel "pola súa pioneira análise dos equilibrios na teoría de xogos non cooperativos".
Dende o punto de vista mediático é o participante estrela desta edición. A razón é o gran eco popular que acadou a súa vida logo de ser contada na película Unha mente marabillosa, dirixida por Ron Howard e protagonizada por Russell Crowe e Jennifer Connelly. A película conseguiu catro Oscars en 2001 (entre eles á mellor película e director). Contaba a súa evolución científica, claramente marcada pola esquizofrenia, da que conseguiu unha notable recuperación.
Matemático, Premio Nobel pola súa análise pioneira do equilibrio na teoría de xogos non cooperativos e os procesos de negociación. A teoría de xogos é unha área da matemática aplicada (fundada por John von Neumann) que utiliza modelos para estudar interaccións en estruturas formalizadas de incentivos (os chamados xogos), de clarísimo paralelismo cos sistemas económicos (daí a súa importancia). Os investigadores desta área estudan as estratexias óptimas así como o comportamento previsto e observado dos individuos en competición.