A prevención de riscos nos laboratorios, obxecto de análise no Campus Terra da USC

Baixo o título ‘Prevención de riscos nos laboratorios. Manual de seguridade no Issga’, a Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC acolle unha xornada técnica na que será presentada a Guía de Boas Prácticas en Prevención de Riscos Laborais, por parte de Lucía Ferrón Vidán, xefa de sección de Hixiene Industrial do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
A xornada terá lugar este xoves 30 de marzo, ás 9.45 horas, no salón de actos do centro e a sesión inaugural estará presidida polo vicerreitor de coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema.
No transcurso da mesma, Juan Mariñas Liste, director da Oficina de Xestión do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da USC, falará de aspectos organizativos do traballo en laboratorios; e como peche, terá lugar a intervención de Carlos Herrero, coordinador do Mestrado en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental do Campus Terra da USC.
Para máis información e inscrición preme aquí, ou diríxete ao Centro do ISSGA de Lugo, tlf.: 982 294 300, fax: 982 294 336, correo electrónico: issga.lugo [at] xunta.es (issga[dot]lugo[at]xunta[dot]es)