A Universidade de Verán da USC aborda nun curso en Guitiriz a paisaxe como patrimonio
‘A paisaxe como patrimonio’ é o título do curso incluído na Universidade de Verán da USC que se desenvolverá do 13 ao 15 de xullo na Casa Habanera de Guitiriz. Estruturado en 24 horas lectivas e...
Lugo
‘A paisaxe como patrimonio’ é o título do curso incluído na Universidade de Verán da USC que se desenvolverá do 13 ao 15 de xullo na Casa Habanera de Guitiriz. Estruturado en 24 horas lectivas e aberto á participación de todas as persoas interesadas pola temática, este programa formativo e de divulgación, dirixido por Roxelio Pérez Moreira e do que actúa como secretario o tamén profesor da USC Francisco Javier López González, busca afondar nunha dimensión, en ocasións esquecida, da paisaxe, como é a relativa á súa condición de patrimonio natural.