Sete curtametraxes optan a premio no primeiro maratón de cinema ‘Ifindecurta’, no que participaron preto de 60 persoas
Sete curtametraxes optan a premio na primeira edición do maratón cinematográfico ‘Ifindecurta’, unha nova iniciativa artística impulsada pola área de Cultura do Campus Terra da USC e organizada ao...
Lugo
Sete curtametraxes optan a premio na primeira edición do maratón cinematográfico ‘Ifindecurta’, unha nova iniciativa artística impulsada pola área de Cultura do Campus Terra da USC e organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación e Concello de Lugo, a través da que se pretende contribuír á promoción do audiovisual galego e ao impulso de novos creadores en lingua galega.