Skip to main content
STG

Unha investigación do Campus Terra da USC avanza no control e na prevención dunha das patoloxías máis graves do rodaballo

Una investigación del Campus Terra de la USC avanza en el control y la prevención de una de las patologías más graves del rodaballo
Una investigación del Campus Terra de la USC avanza en el control y la prevención de una de las patologías más graves del rodaballo
A tese de doutoramento titulada ‘Patoxenia da enteromixosis do rodaballo: interacción parasito-hospedador e resposta inmunitaria’, que vén de presentar o italiano Paolo Ronza na Facultade de...
Lugo

A tese de doutoramento titulada ‘Patoxenia da enteromixosis do rodaballo: interacción parasito-hospedador e resposta inmunitaria’, que vén de presentar o italiano Paolo Ronza na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, trata de responder a algúns dos principais interrogantes que existen sobre esta enfermidade e achega unhas conclusións que poden servir de base cara o deseño de métodos de prevención e control dunha enfermidade de orixe parasitaria que na actualidade se ten convertido nunha das patoloxías máis graves e con maior incidencia no rodaballo.

 

A investigación de doutoramento realizada polo veterinario napolitano Paolo Ronza baixo a dirección das profesores da USC Maribel Quiroga, Alberto Pose e Belén Gómez, é froito da colaboración dos grupos de investigación de Anatomía Patolóxica Veterinaria (Gapavet) e de Xenética para a Acuicultura e Conservación dos Recursos Biolóxicos (Acuigen) da Facultade de Veterinaria de Lugo. Este tese amplía así a relación de pescudas ecamiñadas ao estudo das enfermidades do rodaballo que constitúen unha ameaza para a súa produción, así como á implantación de programas de mellora xenética realizadas por estes investigadores da USC nos últimos 20 anos.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.