Skip to main content
STG

O reitor destaca o Campus Terra como “a aposta máis importante da USC”

El rector destaca el Campus Terra como “la apuesta más importante de la USC”
El rector destaca el Campus Terra como “la apuesta más importante de la USC”
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, manifestou durante o acto de apertura do curso 2015-2016 que o Campus Terra supón “a aposta máis importante desta universidade neste...
Lugo
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, manifestou durante o acto de apertura do curso 2015-2016 que o Campus Terra supón “a aposta máis importante desta universidade neste curso”. 
 
Cun orzamento de case un millón e medio de euros para os anos 2015 e 2016 xa aprobado pola Xunta de Galicia, o obxectivo será converter Lugo no “campus universitario especializado en temas agrarios, gandeiros e forestais máis importante do sur de Europa”.
 
Nesa mesma dirección de definir mecanismos de crecemento, Juan Viaño indicou que neste curso “ iniciaremos unha fonda transformación das nosas estruturas para poder solucionar”, por unha banda, “ o exceso e burocracia na institución” e, por outra, “a adaptación dos nosos recursos ás novas necesidades que temos que asumir”. 
 
Respecto do primeiro, o reto será “cumprir o mandato dos estatutos para crear estruturas departamentais cun mínimo de profesores e que teñan unha filosofía máis interdiscplinar da que teñen agora”. Dixo ademais que será preciso abordar a necesidade e vixencia dalgunhas estruturas de investigación e os seus órganos de goberno.
 
The contents of this page were updated on 02.25.2022.