Ir o contido principal
STG

Diploma Sénior en IV Ciclo

O Diploma Sénior en IV Ciclo é un dos títulos propios ofertados no ciclo formativo do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela

Para a obtención do título de diplomado Sénior en IV Ciclo é necesario superar cinco cursos, nos cales se deben completar os 60 créditos da titulación.

En cada curso haberá que superar un mínimo de catro materias optativas, das consideradas materias permanentes no plano de estudos, e tamén poderán cursarse até tres créditos mediante actividades complementarias recoñecidas.

Os diplomados Sénior en IV Ciclo poderán optar á obtención do Diploma Excelsior en IV Ciclo.

As taxas académicas vixentes establecen un custe de:

  • 9,85 € por crédito (cada materia consta de tres créditos).
  • 22,30 € por apertura de expediente (estudantes de 1.º curso).
  • 4,80 € por expedición e mantemento da tarxeta universitaria.
  • 20,69 € de seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxes.

A USC conta con bolsas de axuda para facer fronte aos custes de matrícula para aquelas persoas solicitantes que acrediten menores niveis de renda.

Prazo para o curso 2024-2025

Do 20 de xuño ao 31 de xullo.

Matrícula online

Matrícula presencial

  • Santiago de Compostela: Unidade de Xestión Académica. Campus Vida
  • Lugo: Unidade de Xestión Académica. Edificio Biblioteca Intercentros. Campus de Lugo

Documentación

Documentación que é necesario achegar:

  • Impreso de solicitude.
  • Fotocopia do DNI.

Contacto

Secretaría do IV Ciclo

Pavillón estudiantil.
Campus Vida. 15782 Santiago de Compostela

Campus de Lugo

Unidade de Xestión Académica.
Edificio Biblioteca Intercentros.
Campus de Lugo. Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. 27002 Lugo

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.06.2024.