Ir o contido principal
STG

Campus Lugo

Herstory. Descubrindo unha nova historia da Arte I

21, 22, 23 e 25 outubro de 2024

Carolina Casal

Foi a fins do s. XX cando algunhas especialistas en Prehistoria comezaron a preguntarse acerca do papel feminino nas sociedades pasadas e sobre do papel feminino nas mesmas, ademais de cuestionar a suposta “neutralidade”, en realidade interpretación androcéntrica, coa que se estivera a aprender a Historia. Nela os únicos papeis que xogaban as mulleres até a chegada da Arqueoloxía Feminista, segundo as interpretacións, eran os de reprodutoras e encargadas dos asuntos domésticos, ficando restrinxidas ao ámbito privado; tarefas que ademais eran consideradas “naturais”, polo tanto, non precisaban da análise histórica xa que xamais influíran no desenvolvemento temporal das sociedades. Aplicar a perspectiva de xénero á Arqueoloxía, á Historia e á Historia da Arte leva a estudar e comunicar un pasado máis veraz e igualitario, no que están representadas todas as identidades das sociedades pasadas. Supón, en definitiva, devolvernos a voz ás mulleres, ás rapazas e rapaces, ás crianzas, ás persoas con diversidades, sacándonos dunha invisibilidade histórica obrigada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.09.2024.