Ir o contido principal
STG

Alimentación e gastronomía

A gastronomía forma parte da cultura dun territorio. A de Galicia é coñecida e valorada pola calidade das súas materias primas, onde destacan os produtos do mar, en especial os mariscos.

A cociña galega ten pratos típicos que se fixeron moi populares más alá do territorio da comunidade, como o polbo á feira, e outros máis valorados no entorno local, como o lacón con grelos ou o chorizo con cachelos. Hai produtos orixinarios da rexión que tamén se popularizaron moito, como os pimentos de Padrón, e repostería típica, como a tarta de Santiago ou as filloas.

Coñecer a gastronomía e a orixe dos pratos é unha forma de coñecer e entender a cultura de Galicia, polo que pode resultar interesante a lectura de libros como Cocina gallega, do poeta e escritor lucense Álvaro Cunqueiro (1911-1981), escrito en 1973 e fusionado en edicións posteriores co recetario de Araceli Filgueira Iglesias, que revisa a historia da cociña galega dende o século XVIII ata o XX.

A investigadora Macarena Cuiñas Gómez, da Universidade de Vigo, explorou outras mencións culinarias na obra de escritores galegos, como Emilia Pardo Bazán, Julio Camba e Jorge-Víctor Sueiro; unha forma sen dúbida interesante de descubrir á vez a gastronomía e a literatura de Galicia. E como última referencia inexcusable, Picadillo, alcume do escritor compostelán Manuel María Puga y Parga (1874-1918), cuxo manual La cocina práctica, foi un dos máis populares recetarios usados na España do século XX.

E que mellor para descubrir a base da gastronomía que pasarse polo Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, o segundo lugar máis visitado da cidade despois da catedral, ou a Praza de Abastos de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.05.2022.