Ir o contido principal
STG

Actividades

Nesta páxina pódense atopar actividades e obradoiros desenvolvidos polo MHN

Día Internacional dos museos

Para celebrar o Día Internacional dos Museos 2024 e o Día da Abella, o Museo de Historia Natural organiza, xunto coa Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural e o colectivo Máisquemel unha serie de actividades.

Día dos Museos

No MHN

sábado 18 de maio

  • Entrada de balde ao MHN
    Horario de 10 a 14 e de 16.30 a 20 horas
  • Inauguración do hotel de insectos no Parque Vista Alegre
    Horario 17 horas
    Prezo de balde
    A instalación será realizada coa colaboración da Asociación de Amigos do MHN, o Centro de Formación Profesional Politécnico de Santiago e Concello de Santiago de Compostela. Actividade do Día da Abella 2024.
  • Obradoiro de construción do hotel de insectos
    Horario 17.30 horas
    Prezo de balde
    O público asistente poderá participar na propia construcción do hotel de
    insectos. Actividade do día da Abella 2024
  • Presentación de publicacións sobre natureza da Librería Aenea
    Actividade do día da Abella 2024

domingo 26 de maio - actividade aprazada por mor da climatoloxía

  • As claves do pasado que definen os deseños dos espazos verdes na contorna no MHN.
    Roteiro polos parques de Vista Alegre e Parque da Música
    Horario de 11 a 13 horas
    Duración unha hora e media. A media hora restante será para organización da propia actividade
    Dificultade mínima
    Prezo 5€/persoa, de balde para socios da AAMHNUSC
    Idade recomendada todo o público a partir de 5 anos
    Inscricións amhnusc [at] gmail.com (amhnusc[at]gmail[dot]com)
    Para esta actividade Terán preferencia os socios/as da Asociación de Amigos do MHN. Faite socio e non perdas a túa praza!

Dia Mundial das Abellas

O colectivo Máisquemel organizará varias actividades con motivo da celebración o Día Mundial das Abellas o 20 de maio, que terán lugar entre Santiago de Compostela e Abegondo durante todo o mes de maio.

Día Mundial da abella

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Biblioteca Pública Anxel Casal

Do 7 ó 31 de maio: Exposición “As abellas máis antigas  de Europa“, cedida por Pajuelo Consultores Apícolas  e mostra de bibliografía  apícola galega.

7 de maio, ás 17 h. Inauguración da exposición  e degustación de meles da IXP Mel de Galicia

18 de maio, ás 12 h. Espectáculo de títeres “Pirula e o misterio das abellas”e obradoiro de chapas solidarias  cos polinizadores. Pola compañía Garabullo .

31 de maio, ás 18 h. Presentación do libro “Abellón, o libro negro das zoadeiras”, polos autores Xoan-Xil López e Mauro Sanín, Central Folque.

Actividades con entrada libre ata completar o aforo.

ABEGONDO

Ecomuseo – Casa das Abellas de Meangos

19 de maio: Convivio no Ecomuseo Casa das Abellas

Ás 12 h. Visita guiada polo Ecomuseo

ÁS 14 h. Xantar de campo (cadaquén leva o seu xantar)

Ás 16 h. Presentación do libro “A cultura do mel na Costa da Morte” pola autora Carme Toba

Ás 16.30 h. O miñato abelleiro contra a Vespa velutina, por José Manuel Fernández, ornitólogo

Ás 17 h. Debate “A Apicultura galega na encrucillada”

Inscricións no email info [at] maisquemel.gal (info[at]maisquemel[dot]gal) ou  por whatsapp no 630 069 635, ata completar aforo

25 de maio: Visita da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC

Visita guiada polo Ecomuseo, charla sobre as aves da contorna e visita a outros lugares de interese pola zona.

 

Obradoiro Infantil - Un mundo de elementos: minerais e rochas

Obradorio minerais

Obxectivos

  • Coñeceremos que é un mineral, cales son algúns dos máis comúns e os seus principais usos.
  • Coñeceremos e valoraremos algunhas propiedades dos minerais
  • Coñeceremos os principais usos das rochas.
  • Entenderemos o papel fundamental dos minerais e as rochas no ciclo da vida.
  • Faremos unha manualidade "redonda".

Metodoloxía

Descubrimento a través de actividades e xogos

Responsable

Mava Sual. Bióloga

Idade
 

Rapaces e rapazas de 6 a 12 anos

Tamaño dos grupos

Máximo 20 participantes. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.

Data e horario

Sábado 11 de maio, de 11 a 13 horas

Prezo

5€ por persoa

Obradoiro infantil - Coñecendo fósiles. Unha viaxe ao pasado

Fósiles

Obxectivos

  • Coñeceremos que é un fósil e cómo se forman
  • Distinguiremos algúns dos fósiles máis comúns
  • Comprenderemos que é un fósil guía
  • Valoraremos os fósiles coma unha fonte de información sobre a historia do planeta
  • Crearemos dunha réplica dun fósil en xeso
  • Visitaremos a parte dos fósiles da exposición permanente do MHN

Metodoloxía

Descubrimento a través de actividades e xogos

Responsable

Gabi Piñeiro. Biólogo

Idade
 

De 6 a 12 anos

Tamaño dos grupos

Máximo 20 participantes. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.

Data e horario

Sábado 25 de maio, de 11 a 13 horas

Prezo

5€ por persoa