Ir o contido principal
STG

Visitas

As visitas á exposición permanente pódense facer con guía ou sen asistencia de guía. Para as visitas de grupos, sexan ou non guiadas, será necesario facer reserva previa.

Inverno

Martes-sábado 10:00-14:00 e 16:30-20:00
Domingo 11:00-14:00
Luns pechado

Verán (do 23 de xuño ao 13 de setembro)

Martes-sábado 11:00-14:00 e 16:30-20:30
Domingo 11:00-14:00
Luns pechado

O Museo permanecerá pechado: 6 de xaneiro; 1, 9 e 17 de maio; 25 de xullo; 15, 16, 17 e 18 de agosto; 12 de outubro; 1 de novembro e 24, 25 e 31 de decembro de 2024.

O Museo abrirá con horario reducido de 11 a 14 horas o resto dos días declarados festivos polo Estado, Comunidade Autónoma e os correspondentes a festividades locais.

 

Persoas adultas 3,50 €
Estudantes
Profesoras/es
Desempregadas/os
Persoas con discapacidade
Menores de 18 anos
Xubiladas/os
Familiar (por persoa, mínimo 1 adulto + 1 menor)
2,50 €
Persoas con TUI USC 1,50 €
Menores de 3 anos
Socias/os Asociación de Amigos do MHN
Primeiro mércores de cada mes
Día dos Museos (18 de maio)
Gratis

 

Constan de dúas partes:

  1. Recorrido polas salas expositivas con explicacións dun guía especializado
     
  2. Actividade didáctica, adaptada as idades e ao nivel de coñecemento do grupo, no que os participantes actúan como “científicos” realizando un traballo de investigación sobre un tema relacionado coa exposición.
     

Existe a posibilidade de atención adaptada a grupos con diferentes discapacidades. O Museo comunicará se, cos recursos dispoñibles, é posible atender a solicitude.

Horarios

Martes-sábado en quendas de: 10-12 h; 12-14 h, 17-19 h*

*Só se aceptarán visitas guiadas de tarde de grupos reducidos de máximo 30 persoas e baixo confirmación.

Prezos (por persoa)

Xeral 6,00 €
Estudantes e profesores alleos á USC
Menores de 18 anos e xubilados
5,00 €
Estudantado, PDI e PAS da USC
Asociación de Amigos do MHN
4,00 €

Requerimentos

Será necesario facer reserva previa.

Os grupos terán un mínimo de 15 persoas e un máximo de 60.

Será obligatorio notificar a cancelación da visita con 48 horas de antelación. De non facelo, pasarase un cargo por grupo mínimo de 75€.

 

Existe a posibilidade de atención adaptada a grupos con diferentes discapacidades. O Museo comunicará se, cos recursos dispoñibles, é posible atender a solicitude.

Horarios

Martes-sábado en quendas de: 10-12 h; 12-14 h, 17-19 h
Domingos: 11-13 h

Prezos (por persoa)

Xeral 1,50 €
Asociación de Amigos do MHN
Primeiro mércores de cada mes
Gratis

Requerimentos

Será necesario facer reserva previa.

A persoa responsable deberá acompañar ao grupo e manter a súa unidade durante toda a visita.

Esta modalidade de visita está dispoñible unicamente para entidades con personalidade xurídica.