Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS. neste curso abordarase a situación do alumando que se atopa desenvolvendo un doutoramento con perspectiva de xénero, ofrendo ferramentas e estratexias para o afrontamento e a resolución dos distintos pasos do proceso investigador, desde un marco teórico-práctico feminista. así, revisaranse os diferentes casos de teses que incorporen a devandita perspectiva, acompañando as dificultades propias deste tránsito académico, incidindo nas particularidades dun doutoramento con perspectiva de xénero. neste senso, abordaranse os posibles problemas que poidan presentar os distintos traballos, as dificultades e preocupacións do alumnado, na busca de solucións potenciais; descubrindo e analizando alternativas con respecto á inclusión de ideas, mais, tamén, no relativo á expresión con linguaxe inclusiva, tanto na fase de redacción como de cara á súa defensa. fomentarase a (auto- e co-)avaliación dos diferentes proxectos e propostas, -re-situando os traballos desde a singularidade de cada caso-, recoñecendo e poñendo en valor a importancia das súas contribucións en prol do desenvolvemento dun coñecemento, dunha ciencia, máis relevante para a sociedade.
Location
Santiago
Modality
Presencial
Duration
Face-to-face hours: 10
Total: 10
Matrícula en la actividad
23/04/2024 - 30/04/2024
Desarrollo de la actividad
07/05/2024 - 15/05/2024
Profesor/a
Aixa Permuy Martinez
| Group | Place | Dates | Schedule |
|---|---|---|---|
| Doutorarse con perspectiva de xénero | Facultade de CC. da Educación do Campus Sur: módulo C2, 2º andar - seminario 1 | 7, 8, 14 e 15 de maio de 2024 | 11:00 a 13.30 h |
- Capacidade para a definición e análise das particularidades, problemáticas e preocupacións que atravesan un doutoramento con perspectiva de xénero.
- Estratexias e ferramentas para o afrontamento e a resolución de dificultades e/ou problemas.
- Desenvolvemento en contextos con pouca información específica.
- Integración de coñecementos, defensa e crítica de ideas.
- Deseño, creación e desenvolvemento de alternativas expresivas e comunicativas.
- Traballo reflexivo, -autónomo e cooperativo-.
- O desenvolvemento dunha tese de doutoramento con perspectiva de xénero:
- particularidades
- problemáticas
- preocupacións
- Estratexias e ferramentas para o afrontamento e a resolución de problemas no marco dunha tese de doutoramento con perspectiva de xénero.
- Elaboración dunha tese con perspectiva de xénero: inclusión de ideas, linguaxes e formatos.
- A presentación e exposición pública dunha tese con perspectiva de xénero.
Aixa Permuy Martínez https://investigacion.usc.gal/investigadores/105523/detalle