Dirixido a estudantes da EDIUS. O curso está deseñado para o desenvolvemento de habilidades de innovación e mellora das competencias de transferencia dos doutorandos, co fin identificar espazos e crear redes de colaboración co ámbito empresarial e social. Deste modo, mediante a metodoloxía Design thinking coñecerán os recursos necesarios para trasladar a tese á sociedade de forma innovadora. Está enfocado a adquirir novas habilidades de innovación social e competencias dixitais, dende un enfoque práctico de aprender facendo. O obxectivo é desenvolver habilidades como o traballo en equipo, a comunicación profesional, a identificar oportunidades de mercado e o desenvolvemento de novas ferramentas dixitais.
Location
Santiago
Modality
Presencial
Duration
Face-to-face hours: 12
Total: 12
Matrícula en la actividad
02/11/2023 - 09/11/2023
Desarrollo de la actividad
16/11/2023 - 29/11/2023
Profesor/a externo/a
María Beatriz García Cibreiro
Profesor/a externo/a
Noelia Rodríguez Álvarez
| Group | Place | Dates | Schedule |
|---|---|---|---|
| ¿Cómo transferir a miña tese á sociedade? Formación en habilidades innovadoras (Santiago) | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre | 16, 21, 23 e 29 de novembro de 2023 | de 12.00 a 15.00 horas |
Aplicarase a metodoloxía de Design Thinking para a resolución dun reto real: como transferir as investigacións á sociedade e identificar novas formas de colaboración e aportación de valor entre a Universidade e a empresa.
Os participantes, aprenderán dun xeito ameno a traballar con esta metodoloxía, que poderán aplicar ós seus traballos de investigación, así coma a outros retos que se lles plantexen a futuro. Levaremos a cabo 3 talleres de 3 horas cada un, máis un taller de 2 horas centrado en fomentar as habilidades de comunicación dos participantes.
Xornada 1: Comprender o contexto: mercado, cliente e organización
Xornada 2: Ideación e deseño de solucións
Xornada 3: Comunicación para a innovación
Xornada 4: Prototipado de solucións. Presentación final formato PITCH
Noelia Rodríguez Álvarez, asesora de empresas e formación nas áreas de Innovación estratéxica, Deseño de negocio (Business Design) e emprendemento, dende un enfoque práctico e orientado á acción.
Beatriz García Cibreiro, xornalista, formadora e emprendedora, desenvolve a súa labor profesional como consultora especializada na comunicación corporativa e mentorización de proxectos de emprendemento.