Skip to main content
STG

Latest news

De esquerda a dereita, Belén Do Campo, Montserrat Valcárcel, Paz Ondina e Ángeles Vázquez, na estación de cría de bivalvos de auga doce do Veral

Refuxio de biodiversidade no río Mera

Investigadores da USC conservan 35.000 exemplares de mexillón de río na estación de cría do Veral, onde a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, acompañada da vicerreitora Montserrat Valcárcel e a da coordinadora do grupo de investigación en Conservación de Peixes e Moluscos (CoPeMol), Paz Ondina, coñeceu os resultados do traballo feito desde 2010 a prol da preservación de ‘Margaritifera margaritifera’, unha especie bioindicadora da calidade do ecosistema fluvial en risco de extinción

Read more
Somos Unidos polo Cancro entrega un cheque coa doazón da familia de Alberto Otero a investigadores do HULA e da USC

Veterinaria e Hula suman esforzos na loita contra o cancro

Investigadores da USC liderados por Laura Sánchez Piñón impulsan xunto co Servizo de Neurocirurxía do Hospital Universitario Lucus Augusti unha investigación sobre glioblastomas que incorpora modelos animais grazas a unha doazón de 8.000 euros achegados pola asociación Somos Unidos contra o Cancro e a familia de Alberto Otero

Read more