Skip to main content
STG

O Congreso sobre as Reservas da Biosfera como estratexia territorial de sustentabilidade celébrase este sábado en Humanidades de Lugo

O Campus de Lugo acollerá este sábado 4 o Congreso sobre as Reservas da Biosfera como estratexia territorial de sustentabilidade, encontro que se celebrará na Facultade de Humanidades. Esta é unha iniciativa enmarcada dentro do proxecto e+smiño financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, coordinado pola USC e coa colaboración da Consellaría de Traballo e Benestar Social e o Grupo de Desenvolvemento Rural Terra Chá. Ao congreso asistirán traballadores residentes na Reserva da Biosfera Terras do Miño e investigadores de universidades e centros de investigación de España, Portugal e Brasil. Entre os relatores atópanse a directora do Organismo Autónomo Parques Nacionais, Olga Baniandrés, e o conselleiro de Estado Enrique Alonso, que falará sobre o informe do Consello de Estado sobre a cotitularidade das explotacións agrarias por parte da mujer que precedeu á aprobación do anteproxecto de lei, do que poden beneficiarse 100.000 mulleres rurais en España. O congreso inclúe unha mesa redonda cos representantes das entidades xestoras das cinco reservas da biosfera en Galicia, incluíndo as dúas na provincia de Lugo. Tamén haberá outra mesa con alcaldes de concellos localizados na Reserva Terras do Miño na provincia de Lugo, moderada polo secretario do Consello de Xestores das reservas da biosfera en España, Antonio San Blas. No acto de apertura está prevista a participación do vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, o presidente da Deputación Provincial de Lugo e o da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar a páxina web do encontro en http://rbiosfera2011.usc.es/index.html.

The contents of this page were updated on 06.03.2011.