Skip to main content
STG

Un curso de verán da USC analiza en Sarria o desenvolvemento económico da zona centro-sur da Provincia

CURSOS DE VERÁN DA USC 2007

O curso de verán da USC ‘O desenvolvemento económico da zona centro-sur da provincia de Lugo’ analizará entre os días 11 e 14 de xullo en Sarria os sectores forestal, agropecuario e de servizos da zona.
Dirixido por José Federico García Fernández, conta cun total de 30 horas lectivas, cun límite de 60 alumnos e se desenvolverá no Salón de Actos do Concello da vila. O curso contará coa participación de profesores das universidades de Vigo e Santiago e inclúe relatorios, visitas a empresas e mesas redondas.
A primeira das xornadas estará dedicada á figura do emprendedor en Galicia, aspecto que será analizado polo profesor da USC José Díez de Castro e terá como exemplo as experiencias do presidente do Clúster da Madeira de Galicia, Ángel Hermida Lage. Os recursos enerxéticos e a Rede Natura serán os temas centrais no segundo día, reservando o terceiro para a análise do sector gandeiro da zona, nesta ocasión os asistentes realizarán unha visita a unha empresa local. Na última xornada do curso debaterase co profesor da USC José Luis Barreiro Rivas sobre a transformación do medio rural no marco económico da Unión Europea.

The contents of this page were updated on 06.06.2007.