Skip to main content
STG

A EPS do Campus Terra despide a oitava promoción do Máster en Dirección de Proxectos da USC

La EPS del Campus Terra despide la octava promoción del Máster en Dirección de Proyectos de la USC
La EPS del Campus Terra despide la octava promoción del Máster en Dirección de Proyectos de la USC
A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC despediu este xoves a oitava promoción de titulados do Máster en Dirección de Proxectos, no marco dunha cerimonia académica de graduación que...
Lugo

A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC despediu este xoves a oitava promoción de titulados do Máster en Dirección de Proxectos, no marco dunha cerimonia académica de graduación que tamén serviu de escenario para a entrega dos Premios Carlos Álvarez aos autores dos mellores traballos fin de máster da promoción 2014-15.

 

O acto de graduación da última promoción do Máster en Dirección de Proxectos, un posgrao oficial da USC coordinado polo profesor Carlos Amiama Ares e que ao longo das súas 8 edicións permitiu ampliar formación a preto de 180 titulados universitarios en moi diversas áreas do coñecemento, estivo guiado polo vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo da USC, Andrés Barreiro.

 

A secretaria académica da Escola Politécnica Superior, Montserrat Valcárcel; a deputada provincial responsable das áreas de economía, ensino, economía do coñecemento, igualdade e mocidade, Mayra García Bermúdez; o secretario da Asociación de Antigos Alumnos do Máster en Dirección de Proxectos, Emilio Díaz Varela, e  o coordinador deste posgrao, Carlos Amiama, tamén interviñeron como relatores nunha sesión que rematou coa entrega dos premios Carlos Álvarez.

 

O xurado encargado de fallar estes galardóns, unha comisión integrada por seis profesores do máster, acordaron distinguir co primeiro premio, dotado con 150 euros en metálico, a Yago González Rozas, polo traballo ‘Análise e implementación de aplicacións para a xestión de proxectos en dispositivos móbiles’. Juan Pablo Vieito Porto recibiu o segundo premio, que conta cunha gratificación de 100 euros, polo TFM titulado ‘Sistema de Xestión do Valor Ganado. Guía Básica de Referencia’. Asemade, o traballo ‘A Seguridade e Saúde na Dirección de Proxectos’, presentado por Rubén José Regueira Gay tamén foi distinguido cun accésit.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.