Skip to main content
STG

XuvenCiencia patrocina prazas na Universidade Junior de Oporto

XuvenCiencia patrocina plazas en la Universidad Junior de Oporto
XuvenCiencia patrocina plazas en la Universidad Junior de Oporto
O grupo XuvenCiencia da USC iniciou este ano unha colaboración coa Universidade Junior de Oporto a través dun intercambio de alumnado no que catro alumnas/os portuguesas/es participaron no Campus de...
Lugo

O grupo XuvenCiencia da USC iniciou este ano unha colaboración coa Universidade Junior de Oporto a través dun intercambio de alumnado no que catro alumnas/os portuguesas/es participaron no Campus de Verán XuvenCiencia 2016 e catro españolas/ois visitarán a Universidade Junior de Oporto entre o 11-15 de xullo de 2016.

 

A Universidade Junior de Oporto, nacida no ano 2005, é unha das maiores e máis prestixiosas universidades para nenos/as e mozos/as de Europa, con máis de 5000 participantes cada ano e centos de proxectos en todas as áreas do coñecemento.

 

A oferta espertou un gran interese entre os participantes do Campus XuvenCiencia e as prazas sorteáronse na tarde do 1 de xullo de 2016, durante a entrega de premios.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.