XuvenCiencia patrocina prazas na Universidade Junior de Oporto
O grupo XuvenCiencia da USC iniciou este ano unha colaboración coa Universidade Junior de Oporto a través dun intercambio de alumnado no que catro alumnas/os portuguesas/es participaron no Campus de...
Lugo
O grupo XuvenCiencia da USC iniciou este ano unha colaboración coa Universidade Junior de Oporto a través dun intercambio de alumnado no que catro alumnas/os portuguesas/es participaron no Campus de Verán XuvenCiencia 2016 e catro españolas/ois visitarán a Universidade Junior de Oporto entre o 11-15 de xullo de 2016.
A Universidade Junior de Oporto, nacida no ano 2005, é unha das maiores e máis prestixiosas universidades para nenos/as e mozos/as de Europa, con máis de 5000 participantes cada ano e centos de proxectos en todas as áreas do coñecemento.
A oferta espertou un gran interese entre os participantes do Campus XuvenCiencia e as prazas sorteáronse na tarde do 1 de xullo de 2016, durante a entrega de premios.